P.D.I. Rumbo a unha estrela
18 de maio de 2022
QUE ACONTECE NA ESCOLA CANDO NON ESTAMOS?
15 de maio de 2022
SEMANA DAS MATEMÁTICAS
Esta semana conmemoramos o Día Internacional das Matemáticas.
Aquí está unha mostra do ben que o pasamos practicando cálculo, xeometría.. de xeito moi divertido.
Os alumnos e alumnas de primeiro tiveron a pracer de gozar coas matemáticas da man de Paula Orta, profesora de Matemáticas no IES A Sangriña.
10 de maio de 2022
IMITAMOS A PORTADA DUN LIBRO
Unha das actividades propostas para celebrar o Día do Libro foi que interpretarades unha portada dun dos vosos libros preferidos.
Estas foron todas as vosas propostas, as cales estiveron expostas na nosa entrada para que todo o alumnado poidera disfrutar coa vosa creatividade.
Unha vez rematadas as votacións fixemos unha foto de familia para o recordo, con todos os participantes.
Aproveitamos a celebración da Feira do Libro: TROCA AVENTURAS para que todas as familias fixerades a vosa votación e aquí están as tres portadas gañadoras, e os seus artistas cos seus premios.
NORABOA
GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN
4 de maio de 2022
XOGOS MATEMÁTICAS QUINTO E SEXTO
Quenda dos maiores da escola, prestade moita atención á nosa selección de xogos matemáticos:
CALDERILLA
DOS
ALTO VOLTAJE EXTREME
BATALLA DE GENIOS
OPERACIÓN DINAMITA
RENATA LA PIRATA
JEFF EL GRUMETE
XOGOS MATEMÁTICAS TERCEIRO E CUARTO
Turno agora para os xogos matemáticos de terceiro e cuarto. Prestade moita atención porque para a semana comezamos:
ATHLETIC GAMES
NUMERAMA
FÓRMULA PERFECTA
MATICO
BATALLA DE GENIOS
LAMA
XOGOS MATEMÁTICAS PRIMEIRO E SEGUNDO E.P.
Seguimos coas instruccións dos xogos matemáticos para que esteades listos para a próxima semana. Esta vez mostramos unha selección de xogos para primeiro e segundo de Educación Primaria.
MATICO
* Para primeiro e segundo seleccionaremos as tarxetas de sumas e restas.
LOS DIEZ CERDITOS
HUNGRY SHARK
BATALLA DE GENIOS
MÍA
3 de maio de 2022
XOGOS MATEMÁTICAS EDUCACIÓN INFANTIL
Aquí tedes as instruccións dos xogos preseleccionados para a xornada de xogos matemáticos.
LUCKY JIRAFA
MONZA
MONSTER MATH
MONSTER MATH
SPEED CUPS
BICHOS
SEMANA DAS MATEMÁTICAS
A Unesco propón o día 14 de maio conmemoramos o Día Internacional das Matemáticas, dado o seu importante papel para facer fronte a grandes desafíos do noso tempo en ámbitos como: a intelixencia artificial, a saúde, o cambio climático, a enerxía e o desenvolvemento sostible así como a mellora da calidade de vida da sociedade en xeral.
O tema para este ano será "LAS MATEMÁTICAS QUE UNEN" (Yulinja Nesterova - Canadá) entendidas as matemáticas como unha linguaxe universal que todos poseemos e cun tema común co que atoparnos.
Dende BiblioPepiño imos conmemorar esta data tan importante facendo unha xornada de XOGOS MATEMÁTICOS onde traballaremos de xeito lúdico diferentes aspectos matemáticos: Cálculo mental, Xeometría, Diversos aspectos de lóxica...
Estade atentxs porque pronto poderedes ver os titorias de como se xoga ás diferentes seleccións de xogos.
30 de abr. de 2022
TROCA AVENTURAS
Remata a semana do libro, unha semana moi intensa en BiblioPepiño, na que festexamos a nosa primeira feira do libro: Troca Aventuras.
Foi todo un éxito, cargadiña de moitas lecturas interesantes e unha gran participación por parte de toda a comunidade educativa.
VISITA RAMÓN D. VEIGA
Onte o alumnado de segundo de primaria desfrutou dunha sesión co autor Ramón D. Veiga, autor do libro: Meigas fóra!
Xunto a el poidemos coñecer o motivo da historia, canto tardou en escribirla e quen foi a persoa encargada das súas ilustracións.
Pinchade no seguinte enlace si queredes ver un pequeno video sobre o seu paso por BiblioPepiño. Tivemos tamén un ratiño para que asinara e adicara os libros:
20 de abr. de 2022
PEPIÑO MUDA A PLUMAXE
Como tod@s sabedes Pepiño é a mascota da nosa biblioteca.
Pepiño é un moucho que se pasea pola escola cando marchamos, encárgase de vixiar as vosas lecturas e de curiosear en todos os vosos traballos, ás veces propón retos que debemos superar para axudalo, e outras veces recoméndanos novas lecturas.
Pepiño naceu no curso 2008-2009 creado por Alicia Pereira, gañadora dun concurso convocado para todo o alumnado, para a creación da mascota da biblioteca. Co paso dos anos foi modernizándose, pasou do papel a figura. Este ano mudou novamente a plumaxe, despois de case 10 anos dende a súa última remodelación.
O encargado de este cambio foi Fernando Coello, actual presidente da ANPA e pai dunha alumna do noso centro. É toda unha honra poder contar coa súa colaboración para a remuda da plumaxe da nosa mascota. Creemos que conseguiu darlle un toque actual e entrañable, e que perdurará durante moitos anos na nosa biblioteca. Graciñas Fernando!
Tras a votación realizada por tod@s vós, entre os catro mouchos participantes, a imaxe actual de Pepiño será...
19 de abr. de 2022
AS FAMILIAS CONTAN
A situación socio sanitaria vai mellorando pouco a pouco e queremos contar con vos, ou mellor dito, que sexades vos os que nos contedes.
CONTAMOS CON VÓS
TROCA AVENTURAS
* Que é TROCA AVENTURAS? É o noso concepto de Feira do Libro. O seu obxectivo e dar unha segunda vida a lecturas que temos esquecidas por algún recuncho da casa e que seguramente sexan benvidas en outros fogares.
* Como podo participar? Podedes participar traendo libros que teñades na casa. A cambio entregarémosvos unha papeleta, con ela teredes que acudir á feira e poderedes cambiala por outro libro do voso interés, da mesma categoría.
* Ata cando podo levar o meu libro? O prazo para entregar os libros para o mercadillo é dende o día 20 ata o 25 de abril, entregaranse ao titor/a de cada alumno e a cambio recibirá unha papeleta coa que deberá acudir á Feira do libro, para facer o troco.
* Podo aportar calquera libro? Efectivamente, poden ser de calquera rango de idade, o que é importante é que os libros estean en bo estado. Este ano, como novidade, incorporaremos a sección de adultos.
* Onde terá lugar TROCA AVENTURAS? A Feira realizarase na Biblioteca do centro.
* Cando terá lugar? A feira celebrarase o martes 26 de abril en horario de tarde: 16:30 a 18:30, e o mércores de 12:00 a 13:45.
Vide acompañados das vosas familias.
Animádevos a participar.
FELIZ FEIRA DO LIBRO
15 de abr. de 2022
DÍA DO LIBRO
12 de abr. de 2022
VISITA ANDRE MACEIRAS
Durante o segundo trimestre os alumnos/as de sexto disfrutaron da lectura do libro: A folla azul de Andrea Maceiras.
Recibírona cunha gran presentación agarimosa, pero a verdadeira sorpresa recibírona eles/as coas verbas que Andrea tivo con todos/as facédoos viaxar pola amazonia, e transmitirlles a verdadeira historia que está detrás deste libro.
3 de abr. de 2022
NOVIDADES
Durante este curso 2021-2022 incorporamos numerosos títulos de investigación aos nosos andeis.
Non deixedes de vir a buscar libros de información para continuar ampliando os vosos coñecementos.
ENCONTROS CON AUTORXS
Pouco a pouco imos achegándonos á normalidade, e isto implica que neste curso imos recuperar as visitas de diversos autores e autoras de varios títulos que están nos nosos andeis.
Con eles/elas teremos a oportunidade de compartir, descubrir aventuras e consultarlles todas as dúbidas que xurdiron durante as súas lecturas.
Estes serán os autorxs que nos visitarán esta primavera en BiblioPepiño.
24 de mar. de 2022
DÍA DA POESÍA
O día 21 de marzo conmemoramos o DÍA MUNDIAL DA POESÍA.
Para isto, propuxemos crear unha poesía partindo dun poema de diversos autores: Federico García Lorca, Gloria Fuertes, Anisia Miranda, Xosé Neira Vilas...
Algúns alumnxs fixeron a súa creación partindo dun poema, mentres que outros grupos levaron a cabo o seu recitado.
Os resultados foron fantásticos, aquí os deixamos...
22 de mar. de 2022
DÍA MUNDIAL DAS MATEMÁTICAS
O pasado día 14 de marzo conmemorouse o Día internacional das matemáticas, por coincidir esta data cas primeiras cifras do número pi (3.14)
Para conmemoralo os alumn@s de primeiro disfrutaron dun obradoiro, na biblioteca do centro, de lóxica matemática, dirixida pola profesora do IES A Sangriña, Paula Orta, ademáis nai dun alumno do noso centro.
Nesta sesión de matemáticas manipulativas leváronse a cabo tarefas de lóxica e coñecemento de conxuntos.
Foi unha xornada moi entretida e produtiva, xa que a mellor maneira de aprender é divertíndonos, xogando e manipulando.
15 de mar. de 2022
CAMBIO DE PLUMAXE
Ola rapacxs!
Como sabedes este é un ano de cambios na nosa biblioteca. Estamos modificando espazos, facéndoos mais accesibles e dinámicos, para así poder desenvolver, con maior, comodidade as diversas actividades. que se plantean dende todo o centro.
Seguro que moitxs de vós coñecedes a Pepiño, un gran moucho que vive na biblioteca e aproveita as noites para ler todas as novas aventuras, libros de información e xogos que están chegando á biblioteca. Pois ben, Pepiño está dando un cambio na súa plumaxe, pero queremos pedirvos o voso asesoramento e a vosa opinión.
Cal é o Pepiño que che gustaría ter na biblioteca?
Deixa na seguinte enquisa a túa opinión.
Entre todxs elixiremos a pelaxe do novo Pepiño.