(clicar na dirección)
26 de abr. de 2011
COÑECENDO A LOIS PEREIRO
O 17 de Maio do 2011, Día das Letras Galegas, estará adicado a Lois Pereiro. No libro Lim "Lois Pereiro" atoparedes algúns datos da súa vida.
19 de abr. de 2011
RECITAMOS POESÍAS!!!
E chegou o día! Aquí estamos todos xuntos celebrando o DÍA DO LIBRO.
Foi un acto moi vistoso presentado por YAHIR E BLAS DE 6º A.
OBSERVADE AS FOTOS!!!
Foi un acto moi vistoso presentado por YAHIR E BLAS DE 6º A.
OBSERVADE AS FOTOS!!!
9 de abr. de 2011
IMOS CELEBRAR O DÍA DO LIBRO
Este xoves, 14 de abril, despois do recreo, na Hora de Ler, reunirémonos todos, alumnado e profesorado para celebrar o DÍA DO LIBRO, que como sabedes, é o 23 de abril, pero que este curso coíncide nas vacacións de Semana Santa.
publicamos neste blog, levamos todo o mes de Marzo, recopilando e ilustrando marabillosamente poesías de autores diversos. Clicade na foto, xa veredes como é verdade!.
Por iso, celebraremos ese día lendo cada curso a súa poesía, dende os máis pequechos ata os máis maiores.
SEGURO QUE TOD@S IMOS DISFRUTAR MOITO!!!
5 de abr. de 2011
NOVO ORDENADOR
4 de abr. de 2011
ABRIL: MES DO LIBRO
O 23 de abril, é o día do libro. Neste día conmemoramos a morte de dous grandes escritores en 1616, W. Shakespeare e Miguel de Cervantes.
Dende hai uns anos, na biblioteca do cole, aproveitamos par facer unha chea de actividades. Este curso, reunirémonos no salón de actos o día 15 despois do recreo para ler as poesías que con tanta ilusión recopilaron e ilustraron os nenos e nenas de todos os cursos para celebrar en marzo o mes da poesía e que podedes ver no mural da entrada do cole.
Pero non sempre o libro foi un obxecto cotiá, fácil de adquirir nin fácil de ler ou levar. Se botamos unha ollada á esta fabulosa presentación que fixo unha mestra de Melide (A Coruña), veremos que ata a aparición da imprenta o libro foi privilexio duns poucos tanto na Antigüidade como na Idade Media. Que gran sorte a nosa agora!.
Disfrutádeo, merece a pena!!
CLICAR AQUÍ---HISTORIA DO LIBRO
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)