24 de xan. de 2023

CLUB DE LECTURA CUARTO B

Na terceira xuntanza do club de lectura do alumnado de 4ºB de primaria puxémonos cómodxs no noso recuncho de lectura para conversar sobre o sexto, séptimo, oitavo e noveno capítulo de ‘Vampira de biblioteca’.

A continuación, tivemos que elixir entre debuxar a nosa escena favorita do libro ou elaborar un pequeno cómic da nosa parte preferida.

E quedaron cousas así de chulas!!



22 de xan. de 2023

CLUB DE LECTURA CUARTO A

 Na xuntanza do club de lectura do pasado xoves a rapazada de cuarto A puxo en común as lecturas dos capítulos cinco e seis de "A señorita Bubble" de Ledicia Costas.


Comentáronse os diversos inventos do laboratorio da Señorita Bubble e por que non, crearon os seus inventos.


- Un coche voador futbolístico 3.0 para levar ós xogadores ós partidos súper rápido.

- A teletransportadora: Para introducirnos nas pantallas da televisión e transportarnos aos diferentes programas que estamos vendo..

Como vedes creación e imaxinación a tope...


Quizas algún día os vosos inventos sexan reais!