22 de dec. de 2024

RECOMENDACIÓNS DE XOGOS PARA ESTE NADAL

 Se aínda non sabes que pedir a Papá Noel ou aos Reis Magos dende BiblioPepiño temos unha chea de suxestións relacionadas co noso proxecto:


Agardamos ver moitos destes xogos debaixo das vosas árbores:

15 de dec. de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Xa quedan poucos días para o nadal.
Xa tes a túa carta preparada?
Dende BiblioPepiño queremos facer algunhas recomendacións lectoras para todas as idades.

Lembra que o nadal cun libro será máis divertido.

4 de dec. de 2024

APERTURA DE BIBLIOPEPIÑO

 O pasado 2 de decembro chegou o ansiado momento...

No acto de inauguración realizamos lecturas compartidas, que tanto nos gustan, por todo o centro, xa que o tempo non nos permitiu sair ao patio. 


Aínda así foi un bo comezo para coñecer e volver a reencontrarnos entre padriños/madriñas - afillados/afilladas!

Lembrade que BiblioPepiño xa está aberta e temos novidades!

1 de dec. de 2024

APERTURA DE BIBLIOPEPIÑO

 A ansiada apertura de BiblioPepiño chega o próximo luns 2 de decembro.

Abriremos en horario lectivo e en horario extraescolar:


Temos que lembrarvos que aínda non están dispoñibles todos os fondos en préstamo, pouco a pouco imos ampliando o catálogo para que estea á vosa disposición.
GRACIÑAS POLA VOSA COMPRENSIÓN!

23 de nov. de 2024

FORMACIÓN PARA O VOLUNTARIADO DE BIBLIOTECA

 BiblioPepiño está a piques de abrir as súas portas e os nosos axudantes comezan a recibir a súa formación.

É fundamental coñecer a organización da biblioteca, así como a colocación de todos os seus fondos para poder localizar libros con maior rapidez.


No seguinte triptico atopades información fundamental sobre as vosas funcións.

COMEZA A CONTA ATRÁS!

21 de nov. de 2024

OBRADOIRO DE POSTAIS ELECTRÓNICAS

 A semana pasada tivo lugar, en dúas quendas, un obradoiro de Postais Electrónicas para o alumnado de 5º e 6º de primaria, impartido pola mestra Angie.


O resultado foi abraiante, o noso Pepiño Creativo iluminou a súa bombilla a través dun circuíto eléctrico.


Apúntaste ao seguinte?

15 de nov. de 2024

RADIO NA BIBLIO

 Un ano mais renovamos a nosa participación no programa : "Radio na biblio" polo que Pepiño nas ondas continuará emitindo a través da plataforma Ivoox.

Pepiño nas Ondas


Lembrade que no Blog tedes un acceso directo na columna da dereita, para que non vos perdades ningunha das nosas emisións!

TRES, DOUS, UN... NO AIRE!

30 de out. de 2024

PREMIOS MONSTERCHEF

A primeira edición do concurso MonsterChef tivo unha gran participación, numerosos chefs de toda a comarca fixeron as súas aportacións.

Aquí tedes unha mostra dos diferentes pratos:

 

O xurado de Monsterchef degustou con moito esmero as diferentes mostras terroríficas, chegando ao seguinte fallo:


RECEITAS MAIS TERRORÍFICAS



MAIOR DIFICULTADE

MAIS SABOROSA
Esta mañá fixemos a entrega de premios.

En Ivoos podedes escoitar o Podcast das receitas que se gravaron en Pepiño nas ondas.

GRACIÑAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

24 de out. de 2024

PEPILECTURAS ALUMNADO

 BiblioPepiño quence motores e comezamos a organizar diversas actividades, esta vez é a quenda dos grupos de PepiLecturas.

Para anotarvos tedes que cubrir o contrato de compromiso e entregarlo aos voso titores.

Contrato Club de Lectura

Estes grupos estarán formados por alumnado de cuarto a sexto de educación primaria, os horarios serán concretados posteriormente co coordinador.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

23 de out. de 2024

MONSTERCHEF

 Chega Samaín e con el un novo concurso do mais saboroso.

I CERTAME MONSTERCHEF EN BIBLIOPEPIÑO


Aquí vos deixamos as bases do concurso. 


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

NOTA: Xunto ao prato para a súa valoración debe entregarse a receita con todos os ingredientes e pasos a seguir para a súa elaboración.

16 de out. de 2024

MUDAMOS DE SISTEMA

 Bo día familias.

Este curso BiblioPepiño está mudando o sistema de xestión, que quere dicir?

Que todos os fondos da nosa biblioteca teñen que ser recatalogados no novo sistema, mudando de Meiga a Koha.

Estamos aproveitando para facer un gran expurgo e para recolocar espazos, polo que a apertura da biblioteca demorarase un tempo.
Estade atentos ao noso blog e redes sociais para coñecer os nosos avances.
GRACIÑAS POLA VOSA PACIENCIA


PRIMEIRA XUNTANZA PEPILECTURAS FAMILIAS

 Bo día familias.

Este venres comezamos unha nova etapa de aventuras e ilusións.

Vémonos en BiblioPepiño para ir facendo boca de todo o que nos agarda este curso.

Se aínda non te anotaches podes facelo no seguinte enlace:


NON PERDAS A OCASIÓN!

9 de out. de 2024

AXUDANTES DE BIBLIOPEPIÑO

 En BiblioPepiño buscamos axudantes para este curso 2024-2025.

Estás interesado/a en colaborar? 

Cubre o teu currículo e entrégao na biblioteca.


Próximamente seredes convocados/as para a primeira reunión e a súa formación.

24 de set. de 2024

PEPILECTURAS FAMILIAS

Este curso continuaremos coas Lecturas compartidas en Pepilecturas. Abriremos de novo as portas para todas as familias que queirades compartir e intercambiar impresións sobre diferentes lecturas, que iremos seleccionando ao longo do curso.

Para inscribirvos no club de lectura debedes cubrir o seguinte formulario, o prazo rematará o luns 30 de setembro.


Unha vez remate o prazo de inscripcións contactaremos con vos para convocar a primeira xuntanza.
VÉMONOS PRONTIÑO!

19 de xuño de 2024

UN COLE DE CONTO

Dende BiblioPepiño queremos dar lugar á presentación do producto final do noso proxecto anual de centro: Un cole de conto, a través da seguinte presentación interactiva podedes desfrutar de lugares máxicos e descubrir o rico e valorosos que poden ser os contos, as fábulas, os comics...

Agardamos que disfrutedes do noso traballo.

Dende o equipo de BiblioPepiño queremos agradecer a todo o alumnado e á integridade do claustro a súa implicación na realización deste proxecto. Sen vos non sería posible.

PEPILECTURAS: PECHADO POR VACACIÓNS

 O día 17 de xuño as alumnas e alumnos do Club de lectura de 3º, 4º e 5º de Primaria fixemos a nosa última reunión. Pero esta vez non había ningún libro de por medio, só comida e boa compañía.

Ao chegar á biblio tiñamos a comida esperando por nós, ademáis dun detalliño que nos prepararon as profes do club de lectura con moito agarimo.


Pasámolo xenial! 
Ogallá volver o próximo curso!!


11 de xuño de 2024

PEPILECTURAS TERCEIRO PRIMARIA

 As alumnas e alumnos do Club de lectura de 3º tiñan moitísimas ganas da terceira xuntanza do seu club.

A lectura elexida foi "ANIMALIA. VERDE" de Xosé Tomás.

Ao chegar á biblio tiñamos un invitado moi especial. O autor do libro veunos facer unha visita! Si, si, como o oes! O mismísimo Xosé Tomás en carne e óso!! Puxémonos cómodxs para falar sobre este libro tan divertido e, ademais, debuxamos un montón: nomeamos algunhas profesións, pensamos en que animal sería o máis adecuado para traballar diso e, como non, debuxámolos.


Quedamos abraiados co ben que debuxa Xosé Tomás. 
Vaia crack!! 
E regalounos a cada un de nós un debuxo personalizado e adicado!





4 de xuño de 2024

OBRADOIRO ILUSTRACIÓN

 A semana pasada disfrutamos dun obradoiro de ilustración da man de Xosé Tomás, escritor e ilustrador de numerosos libros que seguramente, pasaron polas vosas mans.

Coñecimos diferentes tipos de libros, así como o nome de todas as súas partes.

E descubrimos como nace unha idea sobre un libro que pasos dan os autores ata que o libro chega ás nosas mans.

Creamos historias fabulosas, sendo nos os autores.

Unha dela foi dun lobo, tímido, namorado dunha ovella, que viaxaba en autobús de tres pisos.


Aquí deixamos unha mostra xeral do ben que o pasamos aprendendo a crear e ilustrar en familia.


GRACIÑAS TOMÁS POR COMPARTIR O TEU COÑECEMENTO COA FAMILIA DE BIBLIOPEPIÑO!


VALORACIÓN DE BIBLIOPEPIÑO

Un ano mais precisamos da vosa axuda para seguir mellorando en BiblioPepiño.

Precisamos que nos adiquedes un par de minutiños para cubrir esta enquisa,  valorar e facer as vosas aportacións sobre todo o traballo desenvolvido ao longo de este curso 2023-2024.



3 de xuño de 2024

Pepilecturas: O detective de Nullarbor

As alumnas e alumnos do Club de lectura de 4º tiñan moitísimas ganas da terceira xuntanza do seu club.
A lectura elexida nesta ocasión foi "O DETECTIVE DE NULLARBOR " de Antonio Yáñez.

Ao chegar puxémonos cómodxs na biblioteca para poder falar sobre esta historia tan intrigante e facer algúns xogos relacionados con ela.
Desta vez o que máis divertido nos pareceu foi elaborar un guión para gravar un programa de Podcast sobre o libro.



Queredes escoitar o resultado? 
Ahí vai dende a nosa canle de Ivoox.

1 de xuño de 2024

AS FAMILIAS CONTAN

 O mes de abril e de maio estivo repleto de lecturas compartidas, foi realmente un "Cole de conto" no que as familias foron partícipes do achegamento de contos e aventuras a todos os nosos pequenos.

GRACIÑAS a todas e cada unha de vos!

31 de maio de 2024

PECHE DE BIBLIOPEPIÑO

Bo día familias.

BiblioPepiño pecha as súas portas, estamos preparándonos para os préstamos de verán. 



Durante a primeira semana de xuño, a biblioteca estará aberta en horario de recreo para facer as devolucións  e que todos os fondos volten aos seus andeis.

GRACIÑAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

MAIO MES DAS MATEMÁTICAS EN BIBLIOPEPIÑO

 Un ano mais volvemos a traballar coas matemáticas de xeito manipulativo en BiblioPepiño, resaltando deste xeito a importancia da experimentación para a interiorización e comprensión de novos conceptos.

Durante todo o mes e maio tivemos obradoiros de xogos de mesa matemáticos, na que o alumnado axudante de biblioteca, explicou a dinámica de cada xogo aos seus compañeiros/as.

Ademais o alumnado de primeiro e terceiro de primaria pudo disfrutar dunha xornada de matemáticas impartida por Paula Orta, profesora do IES A Sangriña, que achegou con todo o seu cariño as matemáticas aos pequenos de primaria.

Coma sempre un privilexio contar contigo. 

MIL GRAZAS PAULA!

APRENDEMOS XOGANDO!


20 de maio de 2024

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN CON XOSÉ TOMÁS

 O vindeiro luns 27 de maio celebrarase, en BiblioPepiño, un obradoiro de introdución á ilustración, está dirixido ao alumnado de educación primaria e ás súas familias. Todo alumno/a debe vir acompañado dun adulto.

Será impartido por Xosé Tomás, autor e ilustrador de numerosos libros, ademais de profesor de inglés no CPI Manuel Suárez Marquier.

O obradoiro terá unha duración aproximada de dúas horas.

Podedes anotarvos no seguinte enlace:

AGARDÁMOSVOS!

11 de maio de 2024

PEPILECTURAS Adultos

 A sesión de este mes do club de lectura de familias foi do mais especial.

Cada un dos membros do club elixiu un poema, cun significado especial, e o resultado foi a seguinte recopilación.


Pero isto só comezaba aquí. 
Ao chegar á xuntanza toda a selección de poemas estaba pendurada do teito da biblioteca, cada unha tivo que recoller unha mostra de todos os poemas para posteriormente decididir de quen era cada elección e poder escoitar da voz de cada un os seus versos.



Sen dúbida unha sesión inesquecible e moi emotiva.

Graciñas a todos por participar!


3 de maio de 2024

UNHA IMAXE DE CONTO

 Aquí están recollidas todas as imaxes que participaron no concurso de "Unha imaxe de conto"


As fotos seleccionadas, por ciclos, foron as seguintes:

E a aquí están os gañadores recollendo o seu agasallo.


PARABÉNS RAPAZADA!

GRACIÑAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

2 de maio de 2024

MAIO MES DAS MATEMÁTICAS

 Un ano máis no mes de maio conmemoramos o mes das matemáticas.

Por que o facemos? Porque o 12 de maio se conmemora o Día escolar das matemáticas coincidindo co nacemento de Pedro Puig Adam (1900) insigne matemático precursor da didáctica das matemáticas en España durante a década dos 50.

Este ano levaremos a cabo obradoiros de xogos de mesa matemáticos na biblioteca, aquí tedes o horario que corresponde da cada grupo.


Na seguinte presentación queda elaborada unha pequena recopilación de xogos adaptados a diferentes idades.

AGARDAMOS QUE OS DISFRUTEDES!


26 de abr. de 2024

KOHA

Actualmente a biblioteca está realizando un cambio moi importante. Toda a nosa base de datos está mudando de sistema e estamos catalogando, de novo, todos os rexistros ao sistema Koha.


Por este motivo, diversos libros non poderán ser levados en préstamo, pero si poderán ser consultados na biblioteca, xa que suporía un gran problema loxístico mesturar libros de ambos sistemas. Estes libros podedes recoñecelos porque o seu número de rexistro aparece en verde e ademáis porque na súa contraportada teñen pegado un código de barras. 

O pasado martes 23 de abril todos os mestres/as e alumnos/as do noso centro recibiron un carné de BiblioPepiño que será o voso identificador neste novo sistema.

Agradecemos a vosa comprensión.

Un saúdo



25 de abr. de 2024

APADRIÑAMENTOS LECTORES

 O pasado martes, conmemoramos o día do libro e aproveitando o tempo solleiro saímos a ler ós nosos afillados/as un conto ao aire libre.

Deste xeito conseguiremos que os pequenos/as do cole aprecien e valoren a lectura tanto como o fan os nosos maiores.

Mirade que atentos e entretidos estiveron:




TROCA AVENTURAS

 Un ano mais a nosa feira do libro foi todo un éxito.

Aquí tedes a mostra de como transcurriu a tarde:


Grazas a todas as familias que facedes posible que estas actividades se leven a cabo. Sen a vosa participación e colaboración non sería posible.

22 de abr. de 2024

Club de lectura: Papá Canibal

 As alumnas e alumnos do club de lectura de 4º EP experaban con moitas ansias a segunda xornada do Club.

A lectura elexida esta vez foi Papá Canibal de Antonio M. Fraga.


Ao chegar puxémonos cómodos/as na biblioteca para poder falar sobre esta incrible historia e facer algúns xogos relacionados con ela.

Ah! e tamén resolvemos un kahoot sobre a lectura.


Qué divertido foi!!!


Pero o mais emocionante foi que gravamos un programa de podcast sobre o libro e elaboramos nos mesmos/as o guión.


SOMOS TODAS UNHAS PROFESIONAIS!