Amosando publicacións coa etiqueta Lectura e familias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lectura e familias. Amosar todas as publicacións

28 de maio de 2026

OBRADOIRO DE ACUARELA

No marco do noso programa Lectura e Familias e do proxecto de centro Pinceladas na Sangriña, vivimos unha tarde moi especial, BiblioPepiño  convertertiuse nun auténtico espazo de creación, encontro e inspiración artística.

Da man da artista Gemma Marqués, alumnado e familias compartiron un fermoso obradoiro artístico no que a creatividade, a expresión plástica e a imaxinación foron as grandes protagonistas. Ao longo da sesión, tivemos a oportunidade de experimentar coa acuarela, descubrindo que a arte tamén é unha forma de comunicarnos, emocionarnos e aprender xuntos.

Este encontro permitiunos seguir tecendo lazos entre escola e familias, facendo da lectura, da arte e da cultura un espazo compartido de convivencia e participación. Ademais, esta actividade conecta plenamente co noso PDI Pinceladas na Sangriña, co que continuamos achegando ao alumnado diferentes linguaxes artísticas e persoas creadoras que enriquecen a nosa mirada sobre o mundo.

Queremos agradecer especialmente a Gemma Marqués pola súa cercanía, implicación e por guiarnos nesta experiencia tan inspiradora, así como ás familias participantes por acompañarnos unha vez máis nas propostas de BiblioPepiño.

Deixámosvos algunhas imaxes desta tarde tan especial... porque crear en familia sempre deixa pegada!



22 de maio de 2026

OBRADOIRO EN FAMILIA: BOTÁNICA EN ACUARELA

Dende BiblioPepiño, dentro do programa Lectura e Familias, abrimos as inscricións para un  obradoiro dirixido ás familias e ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, unha proposta moi especial na que arte, creatividade e aprendizaxe irán da man.

Nesta ocasión teremos a sorte de contar coa participación de Gemma Marqués, artista plástica, docente e xestora cultural vinculada ao mundo da arte e da educación. 

Licenciada en Belas Artes, desenvolve o seu traballo artístico en La Casa Taller, un espazo creativo situado na Guarda, onde combina a creación artística coa formación de persoas de todas as idades. A súa obra abrangue diferentes disciplinas como a pintura, o retrato, os murais e a acuarela, sempre cunha mirada moi sensible cara á expresión artística e á creatividade.

Ademais da súa traxectoria como artista, Gemma destaca polo seu labor divulgador e educativo, organizando cursos, obradoiros e experiencias creativas que achegan a arte dunha maneira vivencial e inspiradora ao público infantil e adulto.

Será unha magnífica oportunidade para crear, experimentar e gozar da arte da man dunha profesional, nun ambiente creativo e participativo.

As prazas son limitadas, polo que animamos ás familias interesadas a formalizar a inscrición canto antes, no seguinte enlace:

Agardámosvos para compartir unha tarde chea de cor, imaxinación e arte! 

21 de maio de 2026

NOVIDADES PARA FAMILIAS

En BiblioPepiño seguimos apostando por acompañar ás familias no apaixonante reto de educar. Por iso, o noso Recuncho de Familias énchese de novas lecturas pensadas para ofrecer orientación, reflexións e recursos prácticos sobre temas que nos preocupan e ocupan no día a día.

Nesta ocasión incorporamos títulos centrados en cuestións tan actuais como a educación sen pantallas, o impacto das redes sociais e da tecnoloxía na infancia, a importancia da lectura e da educación emocional, así como libros relacionados coas necesidades educativas especiais, o autismo, o TDAH ou a atención á diversidade.

Sabemos que educar non vén con manual de instrucións, pero ás veces unha boa lectura pode abrir novas perspectivas, resolver dúbidas ou simplemente facernos sentir acompañados no camiño. Por iso, animámosvos a botarlle un ollo ás novidades e escoller aquel libro que máis se adapte ás vosas inquietudes ou intereses.

Lembrade que todos estes libros están dispoñibles en préstamo para as familias do centro. Só tedes que achegarvos á biblioteca e levar para casa aquela lectura que vos apeteza descubrir.

Porque educar tamén é aprender… e en BiblioPepiño seguimos medrando xuntos, familia e escola da man.

16 de maio de 2026

AS FAMILIAS CONTAN ... E ENCANTAN

En BiblioPepiño sabemos que o amor pola lectura medra moito máis cando se comparte. Por iso, con motivo da celebración do Día do Libro, puxemos en marcha unha actividade moi especial dentro do programa Lectura e Familias: un fermoso encontro entre fogar e escola a través dos contos.

Moitas familias do noso alumnado quixeron sumarse a esta iniciativa compartindo lecturas, contando contos e gozando da maxia das historias en familia. Grazas á vosa participación, puidemos crear un vídeo recopilatorio cheo de palabras, sorrisos e momentos lectores, que amosa como a lectura tamén une, emociona e crea recordos inesquecibles.

Cada fotografía é unha pequena mostra do importante papel que teñen as familias no desenvolvemento do gusto pola lectura e no acompañamento lector dos nenos e nenas. Porque ler xuntos é compartir tempo, emocións, aprendizaxes… e tamén moito cariño.

Dende BiblioPepiño queremos agradecer de corazón a implicación de todas as familias participantes. Sen vós, actividades coma esta non terían o mesmo significado.

Convidámosvos agora a desfrutar do vídeo recopilatorio, unha pequena homenaxe ao poder das historias compartidas e ao compromiso das nosas familias coa lectura.

Porque en BiblioPepiño… ler en familia sempre suma! 

16 de abr. de 2026

AS FAMILIAS CONTAN

Para conmemorar o Día do libro, que será o próximo 23 de abril, queremos convidarvos a participar nunha actividade moi especial para nos: “As familias contan”.

Esta iniciativa abre as portas do centro ás familias para que poidades vir ás aulas dos vosos fillos e fillas a compartir lecturas, contos, historias ou mesmo pequenas narracións creadas por vós. Trátase dun momento único no que a voz das familias se converte en protagonista, creando unha ponte máxica entre a casa e a escola.

Esta actividade é importante para nos xa que:

  • Fortalece os vínculos afectivos
  • Esperta a imaxinación e a curiosidade
  • Transmite o valor da lectura como pracer compartido

Para participar: 
As familias interesadas poderedes vir nun horario acordado co titor/a para ler un conto, unha historia ou calquera texto que vos guste. 

Non fai falta ser expertos: abonda con traer ilusión e ganas de compartir.

Desde BiblioPepiño animámosvos a formar parte desta experiencia tan enriquecedora. As vosas historias tamén constrúen lectores e lectoras.

Agardámosvos con moita ilusión!

15 de dec. de 2025

Xogos en familia

 Un ano máis a Xornada de Xogos en Familia, foi todo un éxito!

Deixámosvos unha pequena mostra de todo o que disfrutamos esta tarde, compartindo coas nosas familias xogos, risas e unha merendola rica.



MOITÍSIMAS GRAZAS POR CONTAR CON NOS PARA PASAR A TARDE DO VOSO SÁBADO!


10 de dec. de 2025

XOGOS EN FAMILIA

Este sábado, achégate á Bibliopepiño e pasa unha tarde diferente gozando de xogos para todas as idades.

Un plan perfecto para compartir tempo de calidade, coñecer novos xogos e vivir a biblioteca dun xeito distinto. 

Teremos xogos de mesa, risas, cooperación e moitos bos momentos

AGARDÁMOSVOS!

5 de nov. de 2025

CINE EN BIBLIOPEPIÑO

 Estimados/as espectadores/as:

Temos o placer de informarvos de que xa está publicada a cartelera para as proxeccións de inverno 2025.

A próxima semana poderemos desfrutar de cine en familia, para os mais pequenos e de dous pases de película para o alumnado de primaria.




O venres entregaremos as entradas, dispoñibilidade ata completar aforo.

Agardámosvos!


14 de out. de 2025

FORMACIÓN PARA FAMILIAS

 Esta tarde compartimos unha sesión de formación con diversas familias da nosa comunidade educativa.

Que é koha, onde escoitar os programas de Radio na biblio, como facer suxestións...


Deixamos a presentación por si queredes facer un repasiño dende as vosas casas.


Queremos dar as grazas a todos os asistentes.
Sen vos todos os nosos esforzos non terían sentido!

4 de xuño de 2025

AS FAMILIAS CONTAN!

 Un ano mais as familias entraron nas nosas aulas para compartir lecturas co alumnado do cole, dentro do noso programa: AS FAMILIAS CONTAN

É unha ledicia ver como a nosa rapazada se emociona cando o seu pai, a súa nai, avoa, curmá... ven ao cole a compartir con nos unha historia dos andeis das súas casa.


GRAZAS FAMILIAS POR CONTAR!!!


4 de mar. de 2025

OBRADOIRO VIA NAI



O pasado venres desfrutamos dun obradoiro en familia impartido da man de Silvia e Mercedes (Via Nai).


Fixemos unhas piruletas moi saudables, con espinacas e remolacha.

Si, si, moi saborosas!



Aquí están algunhas imaxes da súa elaboración



Por si queredes repetir, aquí vos deixamos a receita:

20 de feb. de 2025

QUENDAS OBRADOIRO VIA NAI

 Bo día familias, debido ao gran número de inscricións no obradoiro de cociña para familias, fixemos dous grupos para poder atender ao maior número de asistentes.

Estas quendas foron comunicadas e confirmadas vía telefónica, no caso de ter algún imprevisto que vos impida acudir, agradeceríamos que nolo comunicarades con antelación para poder avisar ao alumnado que quedou en reserva da actividade.

GRACIÑAS POLA VOSA COMPRENSIÓN

13 de feb. de 2025

OBRADOIRO DE COCIÑA Via Nai COMPLETO

 IMPORTANTE

Dado o elevado número de solicitudes para o obradoiro de cociña imos realizar dous grupos. Aínda así hai xente que quedará en reserva.

Proximamente contactaremos con vos para comunicarvos horarios.



GRACIÑAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN

12 de feb. de 2025

OBRADOIRO DE COCIÑA Via Nai

Achégase a temporada mais divertida e colorida do ano:

 O ENTROIDO!!! 

En BiblioPepiño queremos propoñer un:

Sen esquecer as receitas tradicionais e coa intención de engadir cor e sabor, animadesvos a participar nunha actividade de cociña divertida e saudable?

O obradoiro será o próximo VENRES 21 DE FEBREIRO, ás 16:00, cunha duración aproximada de hora e media. 

Ao tratarse dun obradoiro de familias, o alumnado debe estar acompañado por un adulto.

O obradoiro estará impartido por VIA NAI.

Quenes son Via Nai?

Via Nai está composto por Silvia Massetti, Técnico Superior en Dietética e Nutrición, con experiencia de mais de 20 anos impartindo obradoiros a peques e persoas adultas, crea en 2021 un novo proxecto chamado Via Nai, xunto coa súa filla Mercedes Murga, titulada en Administración de Empresas, coa intención de promover os obradoiros de cociña saudable a través dunha didáctica divertida e de desfrute por todo o que a gastronomía pode ofrecer nas diferentes etapas da vida.


Cociña con nós unhas deliciosas crepes con forma de piruletas que sexan super saborosas e nutritivas, farémolas con espinacas e remolacha, para despois rechealas con xamón e queixo fundido.







Para poder participar no obradoiro debedes cubrir o seguinte formulario.  


AS PRAZAS SON LIMITADAS E ASIGNADAS POR ORDE DE INSCRICIÓN!


28 de xan. de 2025

RESUMO XOGOS EN FAMILIA

 O pasado sábado gozamos dunha tarde moi entretida entre familias e xogos.

Moitos de vos elixíchedes BiblioPepiño para pasar a tarde con nós.

Graciñas por participar en todas as nosas propostas!

3 de dec. de 2024

FORMACIÓN PARA FAMILIAS

 Con motivo da apertura de BiblioPepiño esta tarde celebramos unha sesión de formación para a nosa comunidade educativa.

Nesta sesión fixemos unha pequena presentación na que explicamos que é BiblioPepiño, demos a coñecer os diferentes programas dos que formamos parte e presentamos o novo sistema de xestión da nosa biblioteca (Koha), dando a coñecer o OPAC así como os diferentes medios de difusión dos que dispoñemos.
Deixamos a presentación a vosa disposición por si queredes recordar algunha cousiña.

GRACIÑAS A TODOS/AS POR ACOMPAÑARNOS!

4 de xuño de 2024

OBRADOIRO ILUSTRACIÓN

 A semana pasada disfrutamos dun obradoiro de ilustración da man de Xosé Tomás, escritor e ilustrador de numerosos libros que seguramente, pasaron polas vosas mans.

Coñecimos diferentes tipos de libros, así como o nome de todas as súas partes.

E descubrimos como nace unha idea sobre un libro que pasos dan os autores ata que o libro chega ás nosas mans.

Creamos historias fabulosas, sendo nos os autores.

Unha dela foi dun lobo, tímido, namorado dunha ovella, que viaxaba en autobús de tres pisos.


Aquí deixamos unha mostra xeral do ben que o pasamos aprendendo a crear e ilustrar en familia.


GRACIÑAS TOMÁS POR COMPARTIR O TEU COÑECEMENTO COA FAMILIA DE BIBLIOPEPIÑO!


20 de maio de 2024

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN CON XOSÉ TOMÁS

 O vindeiro luns 27 de maio celebrarase, en BiblioPepiño, un obradoiro de introdución á ilustración, está dirixido ao alumnado de educación primaria e ás súas familias. Todo alumno/a debe vir acompañado dun adulto.

Será impartido por Xosé Tomás, autor e ilustrador de numerosos libros, ademais de profesor de inglés no CPI Manuel Suárez Marquier.

O obradoiro terá unha duración aproximada de dúas horas.

Podedes anotarvos no seguinte enlace:

AGARDÁMOSVOS!

17 de abr. de 2024

AS FAMILIAS CONTAN

Seguimos presentado actividades para o día do libro, esta vez tócalle o turno ás familias. Como xa é tradición queremos contar con vos para que veñades ao cole a contar contos nas aulas dos vosos fillos/as.


Para facelo contactade co voso titor/a para distribuir o horario en función das vosas necesidades.

ESTAREMOS ENCANTADOS/AS DE RECIBIRVOS!

14 de abr. de 2024

DÍA DO LIBRO

 O día do libro está á volta da esquina e en BiblioPepiño temos un montón de actividades para conmemoralo:





E algunha sorpresa mais, estade atentos/as!!!