24 de abr. de 2025

APADRIÑAMENTOS LECTORES POLO DÍA DO LIBRO

 Celebramos o día do libro facendo lecturas compartidas. 

Aproveitando que saiu o sol saímos ao patio a compartir historias entre padriños/madriñas e afillados/afilladas.


É un pracer que nos conten historias!

Ademais este ano intercambiamos diferentes deseños de marcapáxinas de BiblioPepiño como recordo do tempo compartido.


FELIZ DÍA DO LIBRO A TODOS/AS OS LECTORES/AS!

11 de abr. de 2025

A SANGRIÑA OPINA

 Estamos de estrea!!

Pepiño nas ondas presenta unha nova canle: A Sangriña Opina!

Un programa distendido no que a rapazada nos comenta as súas opinións a cerca dun tema de actualidade no centro.


Comezamos coas PAZTRULLAS:

9 de abr. de 2025

ENTRE OLAS E TIXOLAS POLO MUNDO

 Boas, familias!

O día do libro está aproximándose! Si, en nada xa é 23 de abril.

Este ano, en base ao noso proxecto, e aproveitando a diversidade cultural que temos no centro, queremos elaborar un

Para poder elaboralo precisamos da vosa colaboración. 

Poden ser receitas doces ou salgadas.

Para facérnolas chegar hai dúas opcións:

1. Por unha banda cubrir a receita, en papel, que levará todo o alumnado, para casa.

2. Por outra banda, clicando na seguinte imaxe, poderedes cubrir a receita dixitalmente, colocando toda a información e a imaxe do voso plato.

Agradecemos que respetedes a orde das páxinas.

En ambos casos a data límite de entrega será o MÉRCORES 30 DE ABRIL.

E xa para rematar gustaríanos saber se poderiamos contar con vos para facer unha degustación culinaria de platos do mundo. Dado que é un proxecto algo ambicioso, agradecemos que cubrades a seguinte enquisa e nos contactariamos con vos para concretar data e como facelo.

Queremos recordar que sen a vosa colaboración todas estas actividades non serían posibles.


1 de abr. de 2025

OBRADOIRO DE FROITAS CON ACUARELA

Durante os meses de febreiro e marzo xuntámonos grupiños de dez durante os recreos para aprender a utilizar a nosa nova adquisición para os carriños creativos de Biblio Pepiño: os lapis acuarelables. 

Moitas das nosas nenas e dos nosos nenos xa coñecían a técnica de acuarela pero gustoulles moito coñecer este sistema, no que primeiro debuxaban cos lapis as froitas e despois con pinceis e auga dábanlle o efecto de acuarela. 

Inspirámonos en froitas e verduras co obxectivo de ilustrar recetarios e cadernos acorde ao noso PDI. 

Aquí vos deixamos algunhas fotos e vídeos dos nosos artistas: