Amosando publicacións coa etiqueta Cine. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cine. Amosar todas as publicacións

5 de nov. de 2025

CINE EN BIBLIOPEPIÑO

 Estimados/as espectadores/as:

Temos o placer de informarvos de que xa está publicada a cartelera para as proxeccións de inverno 2025.

A próxima semana poderemos desfrutar de cine en familia, para os mais pequenos e de dous pases de película para o alumnado de primaria.




O venres entregaremos as entradas, dispoñibilidade ata completar aforo.

Agardámosvos!


24 de nov. de 2023

CINE EN BIBLIOPEPIÑO

Boa tarde rapazada!

Este curso queremos continuar cunha das nosas actividades estrela:

O CINE EN BIBLIOPEPIÑO

Este ano proxectaremos películas de conto, xa que queremos relacionar as nosas películas con libros marabillosos.

ESTADES PREPARADOS/AS?

Aquí están as películas que poderedes disfrutar a próxima semana.


Lembrade traer a vosa entrada e unha botelliña de auga.

AGARDÁMOSVOS!


10 de dec. de 2022

CINE EN BIBLIOPEPIÑO

 Rematamos o trimestre cheo de actividades.

A semana pasada os alumnxs de primaria tiveron as primeiras sesións de Cine en BiblioPepiño.


Os alumnxs de primeiro a terceiro de primaria tiveron a sorte de ver a película Canta 2.


E os maiores do cole disfrutaron vendo a peli de Campeones.


Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos.



14 de out. de 2019

NOVIDADES

Vaites!! Está a chover un montón... sorte que a próxima semana Bibliopepiño abre as súas portas... perfecto para abastecerse de libros antes da chegada do frío... 
Este ano temos un montón de novidades... para ir quentando motores, deixamos unha selección de pelis que poderedes atopar este ano!
Un plan perfecto para unha tarde chuviosa de outono !! E por suposto, en familia!!
Estade atentos porque xa sabdes..... VOAAAAN!!!!






17 de dec. de 2013

CINE DE NADAL: MADAGASCAR

"navidad,los pinguinos de madagascar"


E de agasallo, xa coñecedes a Simon'Cat

CINE NO NADAL: SALVAR O NADAL

Unha marabilla como todo o que fai esta mestra ANA MARTINEZ REY: 


Hoxe de agasallo esta panxoliña de MAMÁ CABRA
"Na casa da miña avoa"

16 de dec. de 2013

CINE NO NADAL- O EXPRESO POLAR

Esta é a historia dun neno que xa non cre en Papá Noel nin no Nadal. O día de Noiteboa, un tren máxico para frente á súa casa e o pequeno monta nel nunha viaxe que o levará directo ó Polo Norte onde descubrirá a maxia do espíritu de Nadal, que so poden ver os que cren nela...



E, de agasallo unha panxoliña de Nadal na voz do noso cantautor TINO BAZ:                                        "Buscando unha estrela"

28 de out. de 2013

CURTAS DE SAMAÍN: OS DEFUNTOS FALABAN CASTELAO

Na noite de defuntos nunha vila galega unha rapariga foxe da casa para ir casar co seu mozo. Esa mesma noite os veciños escoitan unhas misteriosas voces que no camposanto falaban... castelán! Historia baseada nun relato de Ánxel Fole.

27 de out. de 2013

CURTAS DE SAMAÍN: A BRUXA REGAÑADENTES



Tres irmáns, desatendendo as advertencias da súa nai, intérnanse nun bosque escuro onde....

16 de out. de 2013

PARA REMATAR...

Esta curta conta a chegada do outono a Tierra de Fuego (Chile- Arxentina)




E de agasallo final unhas fermosas imaxes de paisaxes de outono mentres escoitamos a Vivaldi:



FELIZ OUTONO!!

15 de out. de 2013

2º DÍA DE CURTAS

Hoxe veredes en forma de conto como nace o outono:


E.... en menos dun minuto, un agasallo outoñal:




MAÑÁ MÁIS!!!!!

14 de out. de 2013

1º DÍA DE CURTAS

Para empezar e acompañados pola música de Vivaldi:
LLEGÓ EL OTOÑO


Pechamos a xornada na idade do xeo


MAÑÁ MÁIS....