Un ano máis deixamos a enquisa de valoración para así poder recoller as vosas opinións e suxestións, xa por adiantado aproveitamos para darvos as grazas por emplear uns minutos en cubrir o cuestionario.
Hoxe os nenos e nenas de 5º EP tiveron a gran sorte de estar con María Canosa, presentando este libro que tanto lles gustou, Muriel.
Estivemos a preparar unha boa benvida, e deixámola abraiada cun mural con ilustracións e opinións sobre a súa obra.
Como gran sorpresa preparámoslle un corredor cos nosos libros de Muriel, que tanto lle fixo sorrir.
Respondeunos a todo o que preguntamos e...ademais desvelounos algún segredo da elaboración do libro e tamén das novas ideas que ten.... Non podiamos deixar de mirar para ela!
Unha das mellores cousas? Poder ter os nosos libros coa súa dedicatoria!
Foi unha experiencia fantástica e inesquecible.
Se queredes ver máis sobre todo o traballo previo, visitade o baúl de quinto!
Os alumnos/as de primeiro levan meses traballando este conto e non quixeron despedirse sen ensinarlle a súa representación...cambiaron as tornas desta volta Iago!
Quen será o próximo autor ou autora que virá a vistarnos,..??? Estade atentos porque seguiremos informando.