Para a segunda xuntanza do club de lectura do alumnado de terceiro de
primaria quedamos a comer na biblioteca.
ALGÚNS ATA NOS EMPACHAMOS!!
Ao rematar de comer e despois de xogar un pouco cos xogos da biblio, puxémonos cómodxs para conversar sobre o segundo e terceiro capítulo de ‘A noite dos animais’.
Fixemos un debuxo para que cobrase vida, coma se do caderno da protagonista se tratase, pintando animais fantásticos, persoaxes animados e moitas cousas máis…
Ningún comentario:
Publicar un comentario