Os alumnos e alumnas de segundo de primaria fixeron a súa primeira proposta para o noso Proxecto de Centro.
Durante varias sesións estiveron investigando e traballando moi a fondo sobre as diferentes persoas e as dependencias que forman a casa do Concello.
E que mellor maneira que trasladarnos á casa consistorial e coñecer ao alcalde a varios concelleiros para confirmar todas as nosas investigacións.
Aproveitamos a nosa visita para realizarlle unha entrevista ao alcalde e poñer no seu coñecemento moitas das nosas preocupacións polo concello, entrevista que moi pronto poderedes ver aquí no noso blog.
Ningún comentario:
Publicar un comentario