15 de dec. de 2021

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

 E así pasiño a pasiño, paseniño, paseniño, chegamos ao nadal. E en datas tan importantes non podedes esquecer poñer na vosa carta a Papa Noel ou ós tres Reis Magos unha morea de libros, aquí vos deixamos as nosas suxestións para este nadal, hai para os mais pequech@s pero tamén para os median@s e os maiores, sen esquecer ós papis e mamis.


E este ano como novidade nas nosas recomendacións, e xa que botamos a andar o noso recuncho creativo, facemos unha serie de recomendacións para xogar en familia e así aprender de xeito moi divertido.


Lembra que cun xogo e algún libro o nadal será máis divertido!

12 de dec. de 2021

APRENDEMOS XOGANDO - EDUCACIÓN INFANTIL

 Esta semana comezamos cos obradoiros de APRENDEMOS XOGANDO, en que consisten? Como o seu nome indica realizaremos varias sesións nas que os protagonistas serán os xogos do noso espazo creativo.

Deixamos a continuación as explicacións de cada xogo, pero recordade que dentro de cada caixa atoparedes as instrucións moito máis explicadiñas.

Comezamos cunha recopilación de xogos para os mais pequenos.

Animádevos a incluílos na vosa carta de nadal.

















APRENDEMOS XOGANDO - TERCEIRO CICLO E.P.

 Esta semana comezamos cos obradoiros de APRENDEMOS XOGANDO, en que consisten? Como o seu nome indica realizaremos varias sesións nas que os protagaonistas serán os xogos do noso espazo creativo.

Deixamos a continuación as explicacións de cada xogo, pero recordade que dentro de cada caixa atoparedes as instrucións moito máis explicadiñas.

Continuamos cunha recopilación de xogos para quinto e sexto de educación primaria.

Animádevos a incluílos na vosa carta de nadal.













APRENDEMOS XOGANDO - SEGUNDO CICLO E.P.

Esta semana comezamos cos obradoiros de APRENDEMOS XOGANDO, en que consisten? Como o seu nome indica realizaremos varias sesións nas que os protagaonistas serán os xogos do noso espazo creativo.

Deixamos a continuación as explicacións de cada xogo, pero recordade que dentro de cada caixa atoparedes as instrucións moito máis explicadiñas.

Seguimos cunha recopilación de xogos para terceiro e cuarto de educación primaria.

Animádevos a incluílos na vosa carta de nadal.













APRENDEMOS XOGANDO - PRIMEIRO CICLO E.P.

Esta semana comezamos cos obradoiros de APRENDEMOS XOGANDO, en que consisten? Como o seu nome indica realizaremos varias sesións nas que os protagaonistas serán os xogos do noso espazo creativo.

Deixamos a continuación as explicacións de cada xogo, pero recordade que dentro de cada caixa atoparedes as instrucións moito máis explicadiñas.

Comezamos cunha recopilación de xogos para primeiro e segundo de educación primaria.

Animádevos a incluílos na vosa carta de nadal.
















30 de nov. de 2021

MES DA CIENCIA EN GALEGO

 No mes de Novembro unímonos á celebración do mes da ciencia.



Este ano contamos coa colaboración de Lucía, mamá de tres alumnos do noso centro e moi vinculada co mundo da ciencia. 
Ela nos convidou a descubrir que hai debaixo do capó do coche, ou incluso a investigar de onde sae a auga da cisterna da casa, porque todos ese aparellos funcionan grazas á ciencia.




Durante unha semana, moi intensa, os diferentes grupos do centro tivemos o privilexio de disfrutar dos seus obradoiros científicos para coñecer e experimentar con diversos materiais.






Que pasa cando enchemos un vaso con auga, lle poñemos colorante e despois colocamos un papel absorvente comunicando dous vasos? 




Que a auga cambia de lugar.




E se ademais coloco varios vasos con diferentes colorantes o resultado pode ser espectacular:




Que acontece cando encendo unha candea e lle coloco un vaso enriba?

Que se apaga, pero ... por que?


Que acontece cando intento misturar diversos materiais como: agua, aceite, alcol e lavavaixelas?


Pois... non se misturan e si o facemos ao pasar un tempo volve cada cousa ao seu sitio.

Todas estas aprendizaxes e moitas mais foron as que nos transmitiu Lucía cheas de agarimo.


GRAZAS POLA TUA XENEROSIDADE E POR COMPARTIR CON TODOS NOS O TEU TEMPO E SABIDURÍA

15 de nov. de 2021

MULLERES PIONEIRAS



A semana pasada chegaron á biblioteca do centro unha morea de paquetes con carácter urxente, había un para cada clase do centro.

Neles atopamos unha postal de Pepiño pedindo axuda para poder realizar a súa exposición no Congreso de Mulleres Pioneiras que se está a celebrar en Bruxelas.





Precisa da nosa axuda e nós axudarémoslle a profundizar e coñecer as diferentes mulleres das que nos irá enviando pistas progresivamente.










Os expositores dos corredores xa están preparados con diversos fondos de investigación para poder profundizar nas pistas que Pepiño vaia enviando as diferentes aula.

Seguro que entre tod@s conseguimos que a súa exposición sexa brillante.

3 de nov. de 2021

SAMAÍN DE MEDO

 Durante toda a semana pasada tivemos a disposición de todo o alumnado moitas e variadas lecturas monstruosas.

Aquí vos deixamos a nosa selección.



27 de out. de 2021

INAUGURACIÓN BIBLIOPEPIÑO

O pasado 22 de outubro a biblioteca do noso centro abriu as súas portas cun acto de inauguración escalonado, que levamos a cabo con todo o alumnado do centro.

Neste acto presentamos os novos espazos dos que dispón a biblioteca así como o protocolo covid que debemos ter en contar cando vaimos facer préstamo ou devolución de fondos.

Aproveitamos a celebración para dar entrega duns novos carnés a todo o alumnado, que fixemos en diversas cores da Bandeira LGTBIQ+.


En este acto tamén saíron cara as vosas casas as Maletas e Mochilas Viaxeiras de este curso, cargadas de novos e fantásticos recursos para disfrutar e ler en familia.


Deixamos unhas imaxes para que vexades como transcurriu a xornada.


25 de out. de 2021

CAMBIO DE IMAXE

Este curso traballamos arreo para poder abrir a nosa biblioteca, pero esta vez cun GRAN CAMBIO DE IMAXE.

Modificamos os espazos, a distribución dos fondos, favorecendo o acceso e accesibilidade a todos eles para todo o noso alumnado. 

Ampliamos espazos e puxemos á disposición de todos/as todos os recursos da nosa biblioteca. 

Na mellor que unhas imaxes para que valoredes vós mismos o cambio que se produciu:










Agardamos vervos pronto! 

22 de out. de 2021

INAUGURAMOS BIBLIOPEPIÑO

 Despois de moito traballo e moitos cambios, BiblioPepiño abre as súas portas de novo.

Lembrade que temos que ser responsables coas medidas de seguridade, xa que a pandemia aínda non rematou.

Aquí tedes unha recopilación de normas fundamentais para que a Biblioteca funcione dentro de todas súas posibilidades. 


Entre todxs conseguiremos volver á normalidade!

Comezamos!!!

21 de out. de 2021

DÍA DAS ESCRITORAS

 O día 18 de outubro celebrouse o Día das escritoras, e os alumnos e alumnas de primeiro B andan a investigar cousas dunha delas, por que? Porque na súa clase están aparecendo libros moi pero que moi especiais de Ana Meilán.



Pero... quen é Ana Meilán? Será escritora? Será galega? Terá fillos? Que libros escribiu?... Todas estas preguntas e mais foron as que se fixeron os nenos e nenas, puxéronse a investigar e este foi o resultado.



Ana Meilán, xa nos contarás se todas estas pesquisas son acertadas.

AGARDÁMOSTE

14 de out. de 2021

ENQUISA DVD

 Ola familias.

Estamos a piques de abrir as portas da nosa biblioteca, estamos ultimando preparativos e precisamos da vosa colaboración.

Precisamos saber si dispoñedes nas vosas casas de algún dispositivo electrónico no que poder ver as películas de DVD.



GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

7 de xuño de 2021

RUMBO A UNHA ESTRELA: A NOSA TRAXECTORIA

E CASE, CASE ESTAMOS REMATANDO A NOSA VIAXE CARA AS ESTRELAS.

Estas son só unha pequena mostra de todo o que se fixo arredor deste proxecto tan bonito e tan máxico. Todo o alumnado, de pequenos a maiores, fixeron moitísimas cousas e agora xa saben un montón do nosos Universo!

Os peques de 3 anos:

     


Os de 5 anos:






En 4º de Ed. Primaria:






En 5º de Ed. Primaria, na materia de Art&Crafts:




E por suposto, toooooodas as demais actividades levadas a cabo durante o curso e das que xa fumos dando conta.

Como vedes, este curso tivemos momento para viaxar por todas as materias e aprender de todo da man deste PDI.


Para pechar este curso recordamos a mensaxe de Leonardo da Vinci:

"Fixa o teu rumbo a unha estrela e poderás navegar a través de calquera tormenta."

Noraboa a todos!