Entramos no mes de novembro, e, como xa sabedes, queremos conmemorar o "MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR".
En colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o próximo día 2 o alumnado de segundo, terceiro e cuarto poderán disfrutar dunha xornada moi científica da man de TOUPICIENCIA SHOW.
Aquí tedes un pequeno adianto de cousiñas que nos descubre a ciencia, neste primeiro episodio colabora o Profesor Ángel Carracedo. Gran Científico Galego: catedrático de menciña, investigador e experto mundial de Xenética na cidade De Santiago. Botádelle un ollo:
Estades preparadxs, poñemos bata, gafas e ... a investigar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario