25 de nov. de 2020

RECUNCHO DE IGUALDADE

Hoxe é un día de especial importancia. Hoxe é 25 de novembro: 25N

Desde Bibliopepiño apoiamos fortemente as igualdades entre nenos e nenas e pensamos que estas bases se asentan na infancia. 

Por iso, este curso a BiblioPepiño está mudando e transformándose para que no vindeiro curso poidamos disfrutar dela moooooooito máis.

E unha das novidades é a creación dun RECUNCHO DE IGUALDADE no que podemos atopar unha chea de contos que tratan esta temática. 

Ao longo do curso iremos mercando máis libros para incluílos nesta zona. Algunhas das últimas novidades e libros premiados nesta categoría xa están á vosa disposición neste recunchiño.

Moitos deles van dentro das mochilas viaxeiras, por exemplo: 

¡Vivan las uñas de colores!

Cuando las niñas vuelan alto.

Cincenta e as zapatillas peludas.

El libro secreto de las princesas que se tiran pedos.

Érase dos veces la ratita presumida.

Érase dos veces los tres cerditos.

Érase dos veces la Cenicienta.



Recuncho de igualdade




Novos contos

24 de nov. de 2020

Lectura dos nenos e nenas de 1º EP

Os peques de primaria estiveron lendo e traballando co conto de Antonie de Saint-Exupéry "O Principiño"

Fixeron un montón de actividades e gustoulles tanto que vos animan a todos a que o leades, hai varios exemplares na biblio.

E ademais, esta historia está moi vencellada coa PDI deste ano, sabedes onde vive "O Principiño"? Pois nada máis e nada menos ca nun asteroide!

Aquí tedes a ligazón para ver a lectura dos compis, que ben o fixeron!


http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipasangrinha/node/1050 


E por aquí unhas fotos dos seus traballos, chulísimos!





17 de nov. de 2020

PASOU A LÚA

Os rapaces e rapazas de 5º de Educación Primaria estiveron traballando a poesía cun poema de Antonio García Teijeiro: Pasou a lúa. 

Moi relacionado co PDI deste curso, xenial!!!

E mirade que cousa máis fermosa fixeron. Aquí tedes o enlace ao blog de 5º para que poidades ver tooodo o que traballan á vez que disfrutan coa lectura e a lingua galega. 

Gran traballo rapaces!

http://opedocastro.blogspot.com/2020/11/pasou-lua.html




16 de nov. de 2020

Ozzy the Ostrich

Outro conto en inglés na sección de StoryTelling!

Desta volta, Ozzy é a protagonista desta historia. Unha historia un pouco disparatada!




Dear Zoo

Xa temos novos contos na sección de StoryTelling!

Coa axuda do Teacher Jesse gravamos este contiño pequeniño pero moi divertido cun montón de sorpresas, quen se agocha detrás das solapas? Anímate a descubrilo!!!