29 de out. de 2014

DEBUXOS DE MEDOOOOOO

Aquí están os diferentes participantes no DEBUXO DE MEDOOOOOO.
Moitas grazas polo voso traballo!!! 
Hai imaxes realmente aterradorasssss!!!!


Un Saúdo
Pepiño


FIRMA DE CONTRATOS

A principio de curso os alumnos/as de todo o centro viñeron á Biblioteca a deixar a súa firma de compromiso con BiblioPepiño.
Aquí vos deixo unha pequena mostra dalgúns dos que pasarón por aquí.

Un saúdo
Pepiño


23 de out. de 2014

24 OUTUBRO DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
 Pero sabedes por que é neste día?....Atent@s!!!





Instituíuse no ano 1997, a instancias da Asociación Española do Libro Infantil e Xuvenil. Con esta acción pretendíase lembrar a destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992, durante a Guerra de Bosnia



Canto mellor nos levaríamos no mundo se, en lugar de empuñar armas, léramos libros!



Moi pronto poderedes ver aquí as imaxes de todas as actividades que levamos feitas para celebrar este mes das Bibliotecas: visita guiadas á Biblio, os novos axudant@s, mochilas viaxeiras...Mentras agardamos imos pór toda a nosa atención neste video que vos fará reflexionar...


Dende A CHARCA DOS LIBROS, a Bilioteca do CEIP ROSALIA DE CASTRO en Xinzo de Limia, deixannos este video que nos parece que temos que ver....Isto é do que trata....William Kamkwamba e a súa familia eran moi pobres. Tiña tan só 14 anos cando tivo que deixar a escola secundaria porque era de pago. Conseguiu construír para a súa familia un muíño de vento, para xerar electricidade, feito de pezas de recambio e ferralla, baseado nuns planos aproximados que atopou nun LIBRO dunha BIBLIOTECA. 


E, para os máis pequechos, déixovos na compaña dos BOLECHAS que nos explican como é unha Biblioteca...


FELIZ DÍA E BOAS LECTURAS!!!

Celebramos o Día das Bibliotecas

Hoxe, 24 de outubro, celébramos o Día das Bibliotecas. Para conmemorar este día ímos ver unhas curtas na hora de ler.



Os rapaces e rapazas de segundo preséntannos a biblioteca con este pequeno vídeo.


 
Esta curta nos ensina como pode voar a imaxinación a través da lectura. 


Para rematar! Todos a cantar! 



O Equipo de biblioteca espera a vosa visita todos os días, sempre hai algo novo que celebrar!

22 de out. de 2014

ACTIVIDADES DE SAMAÍN

Bos días rapaces e rapazas!!!
Xa temos todo o cole terroríficamente ambientado... E ademáis moitas actividades para facer nesta tempada de Samaín.
Non deixes de pasar pola Biblio e apuntarte nos diferentes concursos de Relatos e Debuxo ou no Obradoiro de MarcaPáxinas.

Agardámoste.

Pepiño

MARCAPÁXINAS MONSTRUOSO

¿Anímaste a facelo?



CONCURSO DE DEBUXO E RELATOS DE MEDO

14 de out. de 2014

UN SAMAÍN DE MEDOOOOOOOOOOO

Ola a tod@s!!!! Xa estamos de volta!!!Coas pilas ben cargadas para ofrecervos un curso cheo de actividades e novidades coas que ides disfrutar a tope...

Comenzamos cunha chea de recursos para que celebredes o Samain que xa se acerca...

QUE SABEMOS DA HISTORIA DO SAMAÍN??....
Primeiro telo que ler....


(En grande nas catro flechas)

E agora valo ver....e escoitar coa música de MAMÁ CABRA


(En grande nas catro flechas)

MAXIA GALEGA NO SAMAÍN


NON PODÍAN FALTAR.....UNHA DE CONTOS!!!







E AGORA QUE LEMOS O CONTO DE MARCELINA....


     Clica para facer  UN LIM... (Libro Interactivo Multimedia)

Outro LIM  SAMAÍN/OUTONO

E outro máis EL CASTILLO




Clicade aquí se....
QUEREDES FACER ALGO DE COMIDA OU DE SOBREMESA??


E REMATAMOS CON MÚSICA...."LOS ESQUELETOS"