27 de out. de 2021

INAUGURACIÓN BIBLIOPEPIÑO

O pasado 22 de outubro a biblioteca do noso centro abriu as súas portas cun acto de inauguración escalonado, que levamos a cabo con todo o alumnado do centro.

Neste acto presentamos os novos espazos dos que dispón a biblioteca así como o protocolo covid que debemos ter en contar cando vaimos facer préstamo ou devolución de fondos.

Aproveitamos a celebración para dar entrega duns novos carnés a todo o alumnado, que fixemos en diversas cores da Bandeira LGTBIQ+.


En este acto tamén saíron cara as vosas casas as Maletas e Mochilas Viaxeiras de este curso, cargadas de novos e fantásticos recursos para disfrutar e ler en familia.


Deixamos unhas imaxes para que vexades como transcurriu a xornada.


25 de out. de 2021

CAMBIO DE IMAXE

Este curso traballamos arreo para poder abrir a nosa biblioteca, pero esta vez cun GRAN CAMBIO DE IMAXE.

Modificamos os espazos, a distribución dos fondos, favorecendo o acceso e accesibilidade a todos eles para todo o noso alumnado. 

Ampliamos espazos e puxemos á disposición de todos/as todos os recursos da nosa biblioteca. 

Na mellor que unhas imaxes para que valoredes vós mismos o cambio que se produciu:










Agardamos vervos pronto! 

22 de out. de 2021

INAUGURAMOS BIBLIOPEPIÑO

 Despois de moito traballo e moitos cambios, BiblioPepiño abre as súas portas de novo.

Lembrade que temos que ser responsables coas medidas de seguridade, xa que a pandemia aínda non rematou.

Aquí tedes unha recopilación de normas fundamentais para que a Biblioteca funcione dentro de todas súas posibilidades. 


Entre todxs conseguiremos volver á normalidade!

Comezamos!!!

21 de out. de 2021

DÍA DAS ESCRITORAS

 O día 18 de outubro celebrouse o Día das escritoras, e os alumnos e alumnas de primeiro B andan a investigar cousas dunha delas, por que? Porque na súa clase están aparecendo libros moi pero que moi especiais de Ana Meilán.



Pero... quen é Ana Meilán? Será escritora? Será galega? Terá fillos? Que libros escribiu?... Todas estas preguntas e mais foron as que se fixeron os nenos e nenas, puxéronse a investigar e este foi o resultado.



Ana Meilán, xa nos contarás se todas estas pesquisas son acertadas.

AGARDÁMOSTE

14 de out. de 2021

ENQUISA DVD

 Ola familias.

Estamos a piques de abrir as portas da nosa biblioteca, estamos ultimando preparativos e precisamos da vosa colaboración.

Precisamos saber si dispoñedes nas vosas casas de algún dispositivo electrónico no que poder ver as películas de DVD.



GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN