7 de xuño de 2021

RUMBO A UNHA ESTRELA: A NOSA TRAXECTORIA

E CASE, CASE ESTAMOS REMATANDO A NOSA VIAXE CARA AS ESTRELAS.

Estas son só unha pequena mostra de todo o que se fixo arredor deste proxecto tan bonito e tan máxico. Todo o alumnado, de pequenos a maiores, fixeron moitísimas cousas e agora xa saben un montón do nosos Universo!

Os peques de 3 anos:

     


Os de 5 anos:






En 4º de Ed. Primaria:






En 5º de Ed. Primaria, na materia de Art&Crafts:




E por suposto, toooooodas as demais actividades levadas a cabo durante o curso e das que xa fumos dando conta.

Como vedes, este curso tivemos momento para viaxar por todas as materias e aprender de todo da man deste PDI.


Para pechar este curso recordamos a mensaxe de Leonardo da Vinci:

"Fixa o teu rumbo a unha estrela e poderás navegar a través de calquera tormenta."

Noraboa a todos!


SÚPER LECTORES!

Todos os alumnos e alumnas do colexio demostraron ser grandes lectores, e é que mira que leron!

Algúns incluso fixeron un ranking de lecturas para comprobar canto leran, mirade os de 2º B que máquinas de ler están feitas.




SEGUIDE ASÍ RAPACES!

UN UNI-VERSO NA CLASE DE 6º

Benvidos/as ao marabilloso Uni-Verso dos alumnos/as de 6º de Ed. Primaria!

Estes rapaces e rapazas estiveron creando a través de poemas de Xela Arias un completo universo de estrelas.

Son todos poemas de un verso que eles mesmos elixiron e plasmaron en estreliñas tridimensionais que foron creando.






NORABOA A TOD@S!


3 de xuño de 2021

ESCRITORES CREATIVOS

Na aula de 2º B de Educación Primaria estívose facendo "maxia" e os nenos e nenas crearon varios contos chulíííííísimos!

A súa mestra Rosa Isabel propúxolles un binomio de palabras e con elas os cativos tiveron que invetar un pequeno conto.

Sairon historias preciosas e moi divertidas!







Agora estas súper creacións pasarán a formar parte da colección da nosa biblioteca do cole para que todos poidamos gozar léndoas!

Grazas rapazada, sodes uns artistas das letras!

LECTURAS DIFERENTES

Os rapaces e rapazas de 5º de Educación Primaria son uns gran lectores, deso non temos ningunha dúbida. Só temos que ver a cantidade xigante de libros que pasaron pola súa biblio de aula.

 IMPRESIONANTE!

Pero ademais de ler contos, estes maiores tamén teñen tempo para gozar lendo revistas e xornais! 










Saben ben que o importante é ler!