30 de nov. de 2021

MES DA CIENCIA EN GALEGO

 No mes de Novembro unímonos á celebración do mes da ciencia.



Este ano contamos coa colaboración de Lucía, mamá de tres alumnos do noso centro e moi vinculada co mundo da ciencia. 
Ela nos convidou a descubrir que hai debaixo do capó do coche, ou incluso a investigar de onde sae a auga da cisterna da casa, porque todos ese aparellos funcionan grazas á ciencia.




Durante unha semana, moi intensa, os diferentes grupos do centro tivemos o privilexio de disfrutar dos seus obradoiros científicos para coñecer e experimentar con diversos materiais.






Que pasa cando enchemos un vaso con auga, lle poñemos colorante e despois colocamos un papel absorvente comunicando dous vasos? 




Que a auga cambia de lugar.




E se ademais coloco varios vasos con diferentes colorantes o resultado pode ser espectacular:




Que acontece cando encendo unha candea e lle coloco un vaso enriba?

Que se apaga, pero ... por que?


Que acontece cando intento misturar diversos materiais como: agua, aceite, alcol e lavavaixelas?


Pois... non se misturan e si o facemos ao pasar un tempo volve cada cousa ao seu sitio.

Todas estas aprendizaxes e moitas mais foron as que nos transmitiu Lucía cheas de agarimo.


GRAZAS POLA TUA XENEROSIDADE E POR COMPARTIR CON TODOS NOS O TEU TEMPO E SABIDURÍA

15 de nov. de 2021

MULLERES PIONEIRAS



A semana pasada chegaron á biblioteca do centro unha morea de paquetes con carácter urxente, había un para cada clase do centro.

Neles atopamos unha postal de Pepiño pedindo axuda para poder realizar a súa exposición no Congreso de Mulleres Pioneiras que se está a celebrar en Bruxelas.





Precisa da nosa axuda e nós axudarémoslle a profundizar e coñecer as diferentes mulleres das que nos irá enviando pistas progresivamente.










Os expositores dos corredores xa están preparados con diversos fondos de investigación para poder profundizar nas pistas que Pepiño vaia enviando as diferentes aula.

Seguro que entre tod@s conseguimos que a súa exposición sexa brillante.

3 de nov. de 2021

SAMAÍN DE MEDO

 Durante toda a semana pasada tivemos a disposición de todo o alumnado moitas e variadas lecturas monstruosas.

Aquí vos deixamos a nosa selección.