26 de abr. de 2024

KOHA

Actualmente a biblioteca está realizando un cambio moi importante. Toda a nosa base de datos está mudando de sistema e estamos catalogando, de novo, todos os rexistros ao sistema Koha.


Por este motivo, diversos libros non poderán ser levados en préstamo, pero si poderán ser consultados na biblioteca, xa que suporía un gran problema loxístico mesturar libros de ambos sistemas. Estes libros podedes recoñecelos porque o seu número de rexistro aparece en verde e ademáis porque na súa contraportada teñen pegado un código de barras. 

O pasado martes 23 de abril todos os mestres/as e alumnos/as do noso centro recibiron un carné de BiblioPepiño que será o voso identificador neste novo sistema.

Agradecemos a vosa comprensión.

Un saúdo



25 de abr. de 2024

APADRIÑAMENTOS LECTORES

 O pasado martes, conmemoramos o día do libro e aproveitando o tempo solleiro saímos a ler ós nosos afillados/as un conto ao aire libre.

Deste xeito conseguiremos que os pequenos/as do cole aprecien e valoren a lectura tanto como o fan os nosos maiores.

Mirade que atentos e entretidos estiveron:




TROCA AVENTURAS

 Un ano mais a nosa feira do libro foi todo un éxito.

Aquí tedes a mostra de como transcurriu a tarde:


Grazas a todas as familias que facedes posible que estas actividades se leven a cabo. Sen a vosa participación e colaboración non sería posible.

22 de abr. de 2024

Club de lectura: Papá Canibal

 As alumnas e alumnos do club de lectura de 4º EP experaban con moitas ansias a segunda xornada do Club.

A lectura elexida esta vez foi Papá Canibal de Antonio M. Fraga.


Ao chegar puxémonos cómodos/as na biblioteca para poder falar sobre esta incrible historia e facer algúns xogos relacionados con ela.

Ah! e tamén resolvemos un kahoot sobre a lectura.


Qué divertido foi!!!


Pero o mais emocionante foi que gravamos un programa de podcast sobre o libro e elaboramos nos mesmos/as o guión.


SOMOS TODAS UNHAS PROFESIONAIS!




17 de abr. de 2024

AS FAMILIAS CONTAN

Seguimos presentado actividades para o día do libro, esta vez tócalle o turno ás familias. Como xa é tradición queremos contar con vos para que veñades ao cole a contar contos nas aulas dos vosos fillos/as.


Para facelo contactade co voso titor/a para distribuir o horario en función das vosas necesidades.

ESTAREMOS ENCANTADOS/AS DE RECIBIRVOS!

16 de abr. de 2024

TROCAAVENTURAS (Terceira edición)

 Como xa é tradición en BiblioPepiño o día do libro ven asociado á Feira do libro TROCA AVENTURAS.

Tedes toda a información nas seguintes imaxes.


É moi importante que os libros sexan actuais e que estean en bo estado.




UNHA IMAXE DE CONTO

 O día do libro está ás portas e queremos convertir o noso cole nun cole cheo de contos.

Temos unha proposta dende biblioteca creativa.

Para concursar tedes que enviar a foto da vosa recreación de conto que elixades ao email de bibliopepiño xunto co curso e nome do alumno/a.

O día 23 estará lista a exposición e a resolución dos gañadores/as.

Haberá un premio por ciclo!

Animádevos a participar!


14 de abr. de 2024

DÍA DO LIBRO

 O día do libro está á volta da esquina e en BiblioPepiño temos un montón de actividades para conmemoralo:





E algunha sorpresa mais, estade atentos/as!!!

12 de abr. de 2024

MEDRANDO COA MÚSICA

 A semana pasada disfrutamos dun obradoiro de música en familia do mais divertido.

Laura e Antonio, da academia Lili, compartiron con nos a mañá do sábado para achegarnos á música dende diferentes vertentes: o ritmo, a audición, e a interpretación.

Disfrutamos moitísimo


GRACIÑAS A TODXS POR FACER DA MAÑÁ DO SÁBADO UNHA MAÑÁ ESPECIAL!

4 de abr. de 2024

HORARIOS MEDRANDO COA MÚSICA

O alumnado anotado no obradoiro de "Medrando coa música" estará dividido en dous grupos: por unha banda cuarto e quinto de infantil, e pola outra sexto de infantil e primeiro de educación primaria.

Os horarios serán os seguintes:
Lembrade que cada neno/a debe estar acompañado/a dun adulto.