30 de maio de 2013

INVESTIGACIÓN DAS CASAS INDIANAS

O alumnado de , no seu estudo das Casas Indianas, fixo esta fermosa presentación que nos permitirá aprender unha chea de cousas.

Aquí queda, se lle dades ás catro flechas, disfrutáredele en grande!!

29 de maio de 2013

PRACTICANDO OS XOGOS

E aquí están os nosos rapaces e rapazas practicando todos aqueles xogos de cando non había maquiniñas...


UNHA EXPERIENCIA PARA NON ESQUECER!

PEIXE SECO: REPORTAXE FOTOGRÁFICO

O alumnado de 3º a través da súa páxina achéganos unha reportaxe fotográfica que resume todo o seu proxecto do SECADO DO PEIXE.

Aquí queda para que a disfrutedes:

24 de maio de 2013

DISFRUTAMOS ESTAS ESTUPENDAS MAQUETAS DAS CASAS INDIANAS!!

 Fermosas nas fotos, a que si?. Se queredes disfutalas de cerca, achégate á Sangriña, o alumnado de estará encantado de ensinalas:











23 de maio de 2013

XOGOS ANTIGOS

O profesor de Educación Física leva tempo ensinándolle ó alumnado como se xogaba cando non había maquiniñas nin moitos xoguetes. Os nen@s xa descubriron porque o pasaban estupendamente e case sempre ó aire libre!!
Xogaron a todo o que vedes nas fotos e...que ben o pasaron!!!












COÑECENDO O NOSO: A PRAZA DE ABASTOS

Os nenos e nenas de 1º ciclo, estiveron estudando os alimentos e....chegaron á praza de abastos da Guarda en forma de debuxo e en forma de visita. Aquí deixamos as fotos:





O NOSO MURAL
(Quedounos moi chuli!)

  

FOMOS CAMIÑANDO DENDE O COLE
  XA CHEGAMOS!!!!! COMENZA A VISITA!!!
NA CARNICERÍA!!

NA PEIXERÍA




VISTA DENDE ARRIBA!


ATA FIXEMOS APUNTAMENTOS!!

NA FROITERÍA


CANTO APRENDERON!!!!

COÑECE O TEU POBO: PEIXE SECO

O alumnado de estivo investigando como se secaban algún tipo de peixe como o ALITÁN. Despois de estudialo, acércaronse á praia para ver o proceso en directo. Foi para eles unha experiencia inolvidable, tal como reflexan as imaxes:

22 de maio de 2013

ÁS VOLTAS CO PROXECTO: INVESTIGAMOS AS REDEIRAS


Aquí quedan máis cousiñas do noso proxecto. O alumnado da aula Abalar, achéganos esta presentación, froito do seu traballo de investigación sobre as redeiras. (Disfrutarédelo mellor se clicades nas catro flechas para agrandalo)


CANTAS COUSAS APRENDERON!!


18 de maio de 2013

REDEIRAS

O alumnado da AULA ABALAR estivo investigando as REDEIRAS. Peviamente fixeron unha visita á nave onde traballan e, xa con coñecementos previos comenzou a investigación, da que sairá en breve un pequeno FOLLETO. Mestres agardamos, aquí quedan as imaxes:

PATRIMONIO RELIXIOSO DA GUARDA

O alumnado de RELIXIÓN estivo investigando o PATRIMONIO RELIXIOSO da GUARDA: igrexas, capelas e ermidas, ubicándoas e vendo as súas características. Aquí deixamos o resultado:








CASAS INDIANAS

Na Guarda hai unha chea de CASAS INDIANAS (Clica para saber máis cousas) , vivendas dos antigos emigrantes a América retornados ó seu pobo. A maioría, foron edificadas na segunda metade do S.XIX e principio do S.XX. . O alumnado de 6º curso fixo un estudo pormenorizado de moitas delas. Con axuda da familias fixeron unhas fermosas maquetas.


PARABÉNS!!

LAVADOIROS DA GUARDA

Os nenos e nenas de Infantil investigaron sobre os distintos lavadoiros que hai por todo o pobo. As familias aportaron todo ese material que vedes. Colléronse fotos antigas e ata fixeron ...xabón!!

AQUÍ QUEDAN AS IMAXES