12 de feb. de 2021

BICOS E MÁIS BICOS DAS NENAS E NENOS DE 1ºEP

Os nenos e nenas de 1º de EP estiveron traballando cos poemas de Xosé Luna Sanmartín do libro "O libro dos bicos"; para felicitar o día de San Valentín e regalar moito amor e cariño a todos!

Aquí tedes o enlace para ver o vídeo tan fermoso e cargado de duzura que fixeron coa axuda da súa titora Paula M.




No cole temos unha chea de contos e libros de amizade, amor e compañeirismo. Botade un ollo!







Moitas grazas por compartilo con nós!


1 de feb. de 2021

MÁIS LECTURAS COLECTIVAS!

Nas aulas de 3º A e B de Primaria tamén están facendo lecturas colectivas na hora de ler.

En 3ºA decidíronse por un conto de Barbara Cantini, que tivo e segue tendo moita aceptación: "Mortiña, unha historia para esmendrellarse de risa".





Mentres que en 3ºB escolleron a historia dun trasno do bosque, do escritor Agustín Fernández Paz: "En el corazón del bosque."








BRAVO LECTORES!

LECTURA COLECTIVA 5º PRIMARIA

 GRANDES LECTORES EN 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA!

Este trimestre os rapaces e rapazas de 5º están lendo, na hora de ler, o conto de Ledicia Costas: Señorita Bubble, baixo cero.

Están enganchadísimos! É que esta escritora é unha auténtica marabilla.

Aquí tedes o link ao seu blog para ver canto disfrutan da lectura.

Ben feito!

http://opedocastro.blogspot.com/2021/01/2-lectura-colectivaa-senorita-bubble.html?m=1