26 de abr. de 2017

Ruta literaria


Seguimos de celebración!

Hoxe fixemos unha pequena ruta literaria pola vila.

Os nenos de infantil de catro anos, saíron moi ledos co seu conto Cocorico cara a praza do reloxo.

Alí leron e representaron o conto para ledicia de todas as persoas que os esperaban, para os que pasaban por alí e... por suposto para as súas familias.







Os rapaces de cuarto de primaria quedaron na Alameda onde escenificaron e recitaron poesías de Gloria Fuertes, xa que este ano é o centenario do seu nacemento.












Despois, leron un conto chino " La diadema de rocio"



A escenificación tamén estivo presente!!!






Entre o público asistente nos puntos da ruta literaria estaban: papás, mamás, avoas e avos, madriñas, persoas anónimas e a Concelleira de Cultura que nos quixo acompañar nesta celebración.





Os alumnos de sexto de primaria desplazáronse á Residencia da terceira idade para ler e representar o conto "Un becho estraño" 












Tamén recitaron unha poesía de Exipto!





Os maiores, tamén lles contaron uns contos a eles!!!









Foi unha experiencia moi enriquecedora e que nos gustou moito.




Graciñas a todos!!!

Que é esto tan estraño?

Hoxe sucederon cousas moi estrañas polo cole... empezaron a aparecer notas cunha chea de símbolos raros...



Que serán...? 

Rumoréase polo pasillos, que dentro teñen unha sorpresa...

Pero... como os abrimos?




Ímolos levar para a casa e descubrir, coa axuda dos papás, e dos seus móbiles, que esconden estes inventos...





Xa nos contaredes que é o que teñen dentro...




25 de abr. de 2017

Contos do mundo: México

E con México a nosa viaxe da man dos alumnos/as e profes do IES A Sangriña chega ó seu fin.


O pasado venres, 7 de abril, cinco alumnos de 2ºC da ESO, xunto coa súa profe Marisa Guerra, viñeron a contarnos unha historias facinante sobre o descubrimento do millo.

Ingrediente fundamental nas nosas dietas.




Os rapaces de 3º de primaria estiveron moi atentos á súa historia.









Esperamos poder repetir viaxes apaixoantes coma as de este trimestre en próximas ocasións.



Graciñas a todos os profes do IES e mestres do noso cole que participaron neste proxecto compartido e moi especialmente a María Carneiro xa quen sin a súa colaboración isto non sería posible.

23 de abr. de 2017

Día do Libro

Hoxe, 23 de abril celebramos o día Internacional do libro

Pon un libro na túa vida

Se queres aprender
un libro tes que ler.
Se queres ter sabiduría
le un pouco cada día.
Busca o libro que che interese;
atoparás  algún sempre:
de aventuras, de ficción,
de medo ou de amor...
Os que menos me gusta ler
son os de inglés e francés,
porque son máis difíciles de entender.
Que non falten na túa estantería;
É un agasallo perfecto;nos aniversarios é un acerto.

Dende BiblioPepiño temos varias actividades preparadas para realizar durante esta semana.


1. Durante toda a 
semana levaranse a cabo, en diferentes aulas do cole, Lecturas en Familia, nas que colaborarán membros das familias dos alumnos/as do noso centro.

Aquí vos deixamos o calendario coa distribución de horarios e lugares de celebración.



2.O martes varios grupos de alumnos/as cos seus titores, realizarán lecturas e interpretacións e diferentes puntos da nosa vila. 
Aquí tedes a invitación! Non perdades esta oportunidade!


3. O mércores, padriños e afillados sairán ao patio e en diferentes recunchos disfrutarán unha hora de lectura en común.



Como vedes, esta semana está programada cunha serie de actividades encamiñadas a gozar da lectura xuntos!!!!

Abril mes dos libros

Estas son as novidades que temos preparadas este mes de abril.


Un mes cargadillo de actividades para pasalo moi moi ben entrelibros!!!



Aínda queda algún dispoñible para préstamo, pasate canto antes a por el!!!


19 de abr. de 2017

Coñecendo a Carlos Casares

Como cada ano, chéganos o mes de maio, mes de flores e letras.


Neste 2017, de letras que floreceron na escrita do noso
Carlos Casares, tan amigo das palabras que contan historias.







Achegámosvos algunha das actividades deseñadas polo Seminario Galán para mergullarnos un pouco nelas e coñecer  un chisco máis ao noso homenaxeado.


Actividades para E. Infantil





Actividades para 1º e 2º de primaria






Actividades para 3º e 4º de primaria






Actividades para 5º e 6º de primaria





18 de abr. de 2017

Unha viaxe en familia

O próximo día 23 de abril, celebrase o:


 Día do Libro

Este ano queremos CONTAR con vós para que nos CONTEDES unha historia, conto, viaxe... aínda estades a tempo de apuntarvos.

Aquí vos deixamos a notiña!!!

Carlos Casares xa ten un recuncho no cole!

Dentro duns días chega unha das celebracións  que máis nos 

gustan: O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo  da 

Biblioteca xa están preparando todo para celebralo por todo o alto.


Xa todos coñecedes o marabilloso recuncho que vai a estar 

adicado en exclusiva  a... 

CARLOS CASARES.







Pero que sabedes del?

Pouco a pouco iredes descubrindo 

quen é, as súas obras...


Estades preparados?











Aí vai a súa biografía!


11 de abr. de 2017

Homenaxeamos a Gloria Fuertes: Poemas que saben a Gloria

Os alumnos de 4º de primaria homenaxearon a Gloria Fuertes polo 100 aniversario do seu nacemento.

Así foi como o fixeron:

Para esa muller, esa poetisa que tan bos momentos nos fixo pasar  cos seus  poemas, este é o noso pequeno homenaxe!





Buscamos información sobre a súa biografía.



Lemos libros en busca de poemas que tiveran algo que os relacionara con China, xa que estamos inmersos na P.D.I "Viaxamos polo mundo", proposto pola biblioteca,e nós estamos coñecendo ese país, consultamos en páxinas Web




Analizamos  as poesías: versos, nº de estrofas, rima...














Traballamos  a entoación, a comprensión, a dramatización...




e... pasamos algunha 

pictogramas para 

compartilas con 

pequerrechos







Fixemos traballos plásticos: debuxos, mural e retratos.













Tamén  compartimos esta andaina, con nenos e nenas de Infantil.

En 5 anos:

Recitamos e dramatizamos: " Aleluyas del chinito Chin Chan Thé" " El Caimán avergonzado", " El gallo despertador" 







Pareceulles pouco e pediron máis! 
Decidimos recitarlles " Chino Capuchino Mandarín", despois invitámolos a recitalo non nós.  




Tamén os agasallamos coas poesías  en pictogramas.



 Menuda sorpresa nos levamos ao día seguinte! 

Achegáronse a nosa clase para ensinarnos como traballaron a poesía " El caimán avergonzado" 



En 4 anos, están  os nosos afillados lectores, e con eles tamén compartimos  as  poesías de Gloria.

 Mirade como participaron!


Eles tamén nos soprenderon cunha poesía dun galo!!!


Pero o mellor estaba por chegar! 
Un agasallo feito con moito cariño para eses afillados tan especiais: 



Uns debuxos do "Caimán avergonzado".







Foi unha experiencia genial  na que aprendemos e disfrutamos unha morea!!







Parabéns! Gloria, a túa poesía segue viva! A  por 

outros cen, mil...!!!