A Biblioteca quere desexar a toda a comunidade educativa un feliz e proveitoso descanso que nos sirva para recargar enerxías de cara ó vindeiro curso. Lémonos á volta!!!
Achégase o verán, e, dende a Biblio, invitámosvos a descansar na boa compaña destes libros que deixamos na guía e doutros que poderedes consultar na BIBLIOTECA MUNICIPAL.
Un curso que remata, comenzan as despedidas.....Aquí temos ós nosos axudantes deste curso. Coma sempre, fixeron un estupendo traballo, coma sempre, a Biblio failles un pequeno recoñecemento: un diploma e....un libro claro!!!
Os nen@s de segundo agasallaron aos seus compañeiros coa lectura da súa adaptación da obra de Miguel de Cervantes, Don Quixote da Mancha. Pincha na imaxe
Os alumnos de Infantil e segundo de primaria, desfrutaron con esta fantástica animación sobre Don Quixote, na que participaron activamente despois de todo o que levan investigado e traballado sobre esta maxistral obra de Miguel de Cervantes , na súa P.D.I Don Quixote coas Tic . Clica na imaxe ou no enlace para saber máis.
Para coñecer a novela de Don Quixote, nada mellor que a súa lectura. Un capítulo cada díaParticiparon na mesma, nenos, nais e profes. Graciñas a todos pola vosa colaboración.
O profe Guillermo, o encargado da biblio, leunos este capítulo cheo de intriga.
A piques de rematar o curso, recibimos unha visita moi especial: ANXO MOURE .Os nen@s de Infantil, foron os encargados de facer o cartel anunciador...que lles quedou ben fermoso!!
Chegou montado no seu NUBINETE.
Este autor e contacontos,percorre as escolas co obxectivo de sensibilizar e concienciar aos nenos e nenas sobre a necesidade dun compromiso solidario coa natureza, a xusticia e a liberdade, empregando como ferramentas a poesía, o conto, o humor, a mímica...para construír un mundo real de respecto e coidado medioambiental.
Fixo as delicias de tod@s....algo moi dificil, xa que estivo con todo o alumnado do Centro dende Infantil a 6º e, a todos cautivou. Miles de grazas!!!!!. Invitounos tamén a coñecer a súa páxina CONTOS SOLIDARIOS, un proxecto cultural e medioambiental.