Queremos agasallarvos con este fermoso poema de Antonio García Teijeiro "Bicos na voz", como remate á celebración do Día da poesía e agradecemento pola vosa enorme colaboración.
31 de mar. de 2016
Celebramos o Día Internacional da Poesía!
Hoxe, celebramos o Día Internacional da poesía!
O título desta actividade foi " Poesías por un tubo" que quere dicir moitas, moitas poesías.
Para preparar a actividade durante a semana
tivechedes que decorar os tubos, memorizar, entoar e
ilustrar os poemas que caíron na actividade anterior
"Chuvia de poemas"
O título desta actividade foi " Poesías por un tubo" que quere dicir moitas, moitas poesías.
Para preparar a actividade durante a semana
tivechedes que decorar os tubos, memorizar, entoar e
ilustrar os poemas que caíron na actividade anterior
"Chuvia de poemas"
Na hora de ler, saímos todos ao patio cos nosos tubos decorados na man.
Alí comezamos a nosa celebración!!!
Xuntámonos tod@s, rapidamente buscamos a eses amigos,
os irmáns, os mestres... e a escoitar, susurrar, recitar "
poesías por un tubo"
Mirade as cariñas que tiñades!
Graciñas a todos por participar na actividade!
Poemas de animais
Os animais
están presentes nas nosas vidas e tamén na poesía!
Veña!
Imos a
lelos!
Seguriño que vos van a encantar!!!
29 de mar. de 2016
Un poema cada día!
Calquera momento é bo.
Non deixes de lelas! Algunhas son divertidas, outras mentireiras, outras moi sonoras....
Sigue lendo polo menos, unha
ó día!
A recitar poemas por un tubo!
O vindeiro xoves día 31, na
hora de ler, esperámosvos a todos no patio!
Para que?
Para celebrar o Día da poesía.
Que imos facer?
Para a túa poesía poder recitar,
un tubo decorado tes que levar!
16 de mar. de 2016
Recuncho da poesía
Para que todos poidades desfrutar, durante este mes de marzo, da poesía, xa temos o recuncho preparado!
Nas paredes, pegadas, atoparedes unha morea de poesías para ler, compartir, recitar... .
Tamén están a vosa disposición unha selección de libros cheos de poesías divertidas, simpáticas, mentireiras, alegres...
Pásate pola biblio! E... non deixes de lelas!
12 de mar. de 2016
Seguen chovendo poemas!
A borrasca
segue centrada no cole!
Leva toda a
semana, inmóbil!
Cada día
na hora de ler...
Que chove! Que chove!
Chuvia
de cores!
Chuvia de poemas!
E os nenos
esperando esa chuvia, ese poema.
Cal che tocou?
Queres que che lea o meu?
Lesmes o teu?
tedes o voso
poema...
facer con eles?
Aprendelo,
recitalo
moi ben, ilustralo,
escenificalo ...
porque a volta das
vacacións virá a
seguinte
actividade!!!
11 de mar. de 2016
Chuvia de poemas
Estase achegando unha borrasca! Parece que ven cargadiña de moita chuvia, pero... unha chuvia especial!
Asomámonos a ventá da biblioteca para ver que pasa.,alí estaban os nenos de Infantil esperando esa chuvia tan especial.
Axiña comezou a caer... unha lenta chuvia de cores.Eran papeis!
Todos querían un!!!
Rapidamente abríronos.
Tiñan un poema !
9 de mar. de 2016
Mes da poesía
O vindeiro día 21 de marzo,
celébrase o Día Internacional da Poesía.
Ese día tamén estreamos
estación: A primavera. Nesta estación altérnanse días de chuvia e sol.Estas
condición climatolóxicas dan o título da actividade que temos preparada para que traballemos a poesía durante este mes:
Chuvia de poesías.
Estade atentos aos carteis que
irán aparecendo estas semanas no recuncho que estamos preparando!
Xa temos unha morea de poemas
preparados que moi pronto van caer en forma de chuvia.
Como?
Asomádevos polo patio, diante
das ventás da biblio e... que pasará?
8 de mar. de 2016
Novidades de marzo
Este mes:
- Estreamos unha colección: Futbolísimos!
- Seguimos mercando libros da colección: As aventuras do capitán Calzoncillos
- Libros para os peques, outros cheos de aventuras, fantasía...
Non dubidedes en facernos
chegar as vosas inquedanzas, porque a biblioteca é de todos e para todos.
Esperámosvos lendo!!!
4 de mar. de 2016
TODOS CON ROSALÍA!
O pasado martes, o tempo deunos un respiro, e aínda que con un pouco de retraso, os centros
escolares xuntámonos na praza do Concello para lembrar a Rosalía de Castro polo
seu día, invitados polo Concello
Alí, lemos un pequeno manifesto, escoitamos a
lectura dun poema e cantamos: Adiós ríos, adiós fontes...
Tamén aproveitamos este día para
levar para as nosas casas as postais que fixemos alusivas a Rosalía e a súa
obra.
3 de mar. de 2016
8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
O vindeiro 8 de Marzo, conmemórase o Día Internacional da Muller , e nós
unímonos á celebración desta data.
POR QUÉ UN DÍA DA MULLER? MULLERES IMPORTANTES DA HISTORIA from Conchi Casas
Na biblioteca temos unha Selección de lecturas cheas de aventuras, que reivindican os dereitos das mulleres e que podedes atopar na exposición que preparamos nun recuncho da biblioteca.
Deixámosvos estes vídeos para ver, comentar e sacar as vosas conclusións.
Na biblioteca temos unha Selección de lecturas cheas de aventuras, que reivindican os dereitos das mulleres e que podedes atopar na exposición que preparamos nun recuncho da biblioteca.
Deixámosvos estes vídeos para ver, comentar e sacar as vosas conclusións.
Unidade didáctica para 2º ciclo ( Actiludis)
Tamén podedes xogar a este xogo onde nenos e nenas, homes e mulleres, participan nas tarefas da casa.
Por últimos invitámosvos a coñecer un pouquiño a vida e obra dunha pintora: Frida Kahloa, visitando virtualmente a súa casa-museo. Picade na imaxe para ir a ela.
1 de mar. de 2016
CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA!
Celebramos o Día de Rosalía!
Este ano, seguindo a iniciativa da AELG , unímonos a súa proposta e os nosos rapaces e rapazas fixeron unha tarxeta cun debuxo e un poema de Rosalía que levaron para as súas casas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)