Arrancamos coa primeira das
actividades propostas para a celebración do Día das Bibliotecas Escolares:
A visita do ilustrador Xosé
Tomás!!!!!
Todos estabamos ansiosos, nerviosos e
ilusionados por coñecelo en vivo e directo! Que privilexio telo ilustrador do
cartel das bibliotecas escolares deste ano!!!
Na biblioteca todo estaba preparadiño, e cando chegamos alí estaba el esperándonos.
Contounos como foi
ideando o cartel: a biblioteca como saída de múltiples inquietudes, investigacións, descubrimentos... representados en cada unha das súas burbullas.
A continuación pedíu a nosa colaboración para ampliar o cartel con novas burbullas que poden acontecer a partires da biblioteca...e comezou a debuxar: zooloxía, o mundo dos contos...
Foi sorprendente ver con que facilidade e rapidez debuxaba todo o que
diciamos.
Pero cando nos debuxou a algúns de nós... Deixounos abraiados!!!
De seguido, propúxonos un novo reto! Deseñar unha segunda mascota para a biblioteca. Preguntounos como queriamos que fose. Nos fomos dicíndolle pero... puxémonos algo inquedos, xa que todos queriamos participar.
Foi Impresionante!
Mellor que o vexades por vos mesmos.
Por último, ensinounos que temos que aprender a rirnos de nós mesmos, fíxoo dun xeito moi especial: Caricaturizándose!!!
Rematamos cun merecido e fortísimo aplauso e entregámoslle un pequeno agasallo. Foi un día extraordinarimente enriquecedor, divertido e inolvidable!!!
Para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares, os alumnos de quinto, estiveron investigando a biografía do Ilustrador de Xosé Tomás, e refollando algúns dos seus libros para ver as maravillosas ilustracións que realiza.
Xa temos todo, ou casi todo preparado para comezar... Un ano máis aproveitamos a celebración do Día das Bibliotecas Escolares para Inaugurar o novo curso en BiblioPepiño.
Ola rapazada!!! Unha gran nova na nosa biblioteca!!! Este mércores, 25 de outubro teremos a sorte de disfrutar na nosa biblioteca da presentación do cartel das bibliotecas escolares do presente curso 17-18, coa presenza do seu autor Xosé Tomás Díaz Teijo.
Xosé Tomás é ilustrador de múltiples libros de literatura infantil e xuvenil.
O escritor galego Antonio García
Teijeiro, hoxe foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e
Xuvenil na súa edición 2017 pola súa obra " POEMAR O MAR" escrita en
galgo e ilustrada por Xan López.
É un libro cargadiño de emoción,
cunha brillante elección léxica, onde o mar é o gran protagonista. Por el
transitan unha morea de craituras con orixinais e suxerentes composicións
poéticas.
Este libro forma parte dunha triloxía
composta ademais por " Palabras do mar" e por " En la cuna del
mar"
Antonio García naceu en vigo no ano
1952. É un dos grandes poetas e narradores da Literatura Infantil e xuvenil. Na
actualidade imparte cursos de animación á lectura, talleres de poesía, creación
literaria e conferencias.