28 de mar. de 2014

VISITA DE FINA CASALDERREY




Esta semana, o alumnado de 6º tivo unha visita moi especial, unha escritora, unha das grandes...





Fina Casalderrey.

Compartiu con eles e as súas mestras un tempo para todos moi agradable. Contoulles unha chea de cousas e proxectos que tiña.

Ó final da visita, firmoulles nos libros que estiveran lendo.

Para ver as imaxes, non tedes máis que clicar na súa páxina
                 Ó PÉ DO CASTRO


GRAZAS FINA, FOI UN AUTÉNTICO PRACER!!!


18 de mar. de 2014

A BIBLIOTECA ESCOLAR TAMÉN ESTÁ PRESENTE NOS PROXECTOS EUROPEOS


As mestras de 6º curso, Paula Vicente e Mari Álvarez, ambas pertencentes ó Equipo de Biblioteca, están inmersas nun proxecto chamado


       PROXECTO 

EUROPEO ITEC 

no que colabora a Universidade de Vigo por medio da escola de Telecomunicacións.

Aquí deixamos un video que reflexa o seu traballo:




A base do seu proxecto parte do PDI que este curso impulsa a Biblioteca Escolar sobre OS INVENTOS. Titulárono "A vida na miña casa a través dos inventos". Este sábado, día 22 de marzo, exporán o seu proxecto nas xornadas ESCOLATIC 2014 que se celebran en Santiago, acompañando ós profesores da Escola de Telecomunicacións de Vigo, Roberto Pérez e Sonia Valladares   que estiveron guiando os proxectos.

17 de mar. de 2014

PARA ELES NO SEU DÍA




Adicado a eles: papis, avós, coidadores... que día tras día se preocupan polos seus pequechos.



Purê de maçã: Preciosa animación que seguro lles encantará.

12 de mar. de 2014

MARZO: CHEGA A POESÍA

O 21 de marzo, coa chegada da primavera, celébrase o Día Mundial da Poesía.


UNESCO proclamou este día para homenaxear ás persoas que, só coa palabra como ferramenta, intentan mellorar o mundo.


Nós, por 3º ano consecutivo imos recitar poesías na que demos en chamar SEMANA DA POESÍA. Na semana final do mes, nas Horas de Ler, xuntarémonos tod@s, mestres, mestras, nenos e nenas para escoitarnos uns ós outros recitando unhas poesías que preparamos nas aulas con moita ilusión.







Antes de nada, mostramos a nosa zona de exposicións chea de cor e de libros de poesía





Agora, deixámosvos todas estas cousiñas para que poidades ver, escoitar, ler e traballar con poesías.

Por que é importante que leamos e que traballemos con poesías? Gladys Ximena Pérez Llanes da Universidade de Medellín danos as razóns con este fermoso video



Aquí vos deixo para ler unhas cantas poesías moi fermosas:



Agora toca ver e escoitar:

RUBÉN DARIO: SONATINA


UXÍO NOVONEYRA, O poeta do Caurel


ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO: Nunca reparas en min

UN RATO DÍXOLLE Á LÚA:


-NUNCA REPARAS EN MIN;

POR ESO VIVO NA RÚA

METIDO NUN CALCETÍN.



ELA FITOUNO ABRAIADA.

DÉRONLLE GANAS DE RIR.

DAQUELA APAGOU A LÁMPADA

E DISPÚXOSE A DURMIR.



POLO DESPREZO DA LÚA,

O RATIÑO ALPORIZADO,

BERROULLLE CON MOITA FORZA:

- XA NON ESTOU NAMORADO!

( Coa música de MAMÁ CABRA)

8 de mar. de 2014

CIDADE COLORIDA

Chega Marzo e con el a nova estación, a primavera, chea de cores e flores. Asómase as poesías que andamos a preparar para a xa...III SEMANA DA POESÍA NA SANGRIÑA!!

Para ir enchendo de cor todo, aquí vos deixo esta fermosa curta, en portugués! cun aviso que di así:


"Este filme mostra o poder da cor e a súa capacidade de transformar o mundo. Tente facer iso tamén na súa vida"

5 de mar. de 2014

8 MARZO, DÍA DA MULLER


Antes de nada, imos saber porque se celebra este día...ATENT@S!!!


E agora, non imos ir moi lonxe, quedamos no noso fermoso pobo coñecendo algunhas historias das nosas mulleres a través deste documental ó que pon a música o noso cantautor Tino Baz.

 A nosa pequena homenaxe a través de
"O MAR DAS MULLERES"


Clica:   VOUME DEITAR


Magnífica presentación que servirá para reflexionar!!






Coma sempre deixámosvos no lugar habitual de exposicións a nosa selección de "libros para a igualdade"

Aquí queda un deles en imaxes:

             O LIBRO DOS PORCOS




E non podía faltar, esta vez da man da nosa compi Ana Martinez, un estupendo LIM baseado nun poema de Carmen Gil
EL TRAJÍN DE LA BRUJA PANDORA