Aproveitando o Mes da Ciencia na biblioteca escolar convidamos a unha mamá de tres alumnxs do noso centro para que nos ensinara diversas curiosidades científicas.
Lucía é enxeñeira e sempre colabora con nos cando é necesario, e sempre, sempre, sempre nos sorprende con cousas incribles.
Este ano co alumnado de primeiro de primaria ensinounos por que uns globos voan e outros non, e puidemos comprobar que un globo cheo de auga non explota si o quentamos cun misto.
Pero o mais sorprendente foi ver como desaparecían as bolas de xel si lles botávamos auga. Pero aínda estaban ahí a pesar de non poder velas.
Foi unha marabilla.
Moitísimas grazas Lucía!