O pasado venres 12 de maio, tivemos o privilexio de contar cunha formación para familias sobre o impacto das pantallas en edades temperás.
Esta formación enmarcada no programa de Lectura e familias, serviu para sensibilizar e guiar ás familias con pequenas pautas sobre como actuar ante a sobre exposición das pantallas.
GRACIÑAS MARIA POR COMPARTIR CON NOS A TUA SABIDURÍA!
Vivimos nun mundo onde a tecnoloxía se introduce na vida das persoas cada vez a idades mais temperás, e as pantallas (incluída a TV) acompaña ás nosas xeracións dende o berce.
Pero, sabemos realmente cales sons as consecuencias cognitivas do uso nos primeiros anos de vida?
Quizais poucos reflexionemos sobre a importancia que a era dixital toma no noso desenvolvemento.
O próximo venres tomaremos conciencia de todas as consecuencias cognitivas do uso das pantallas a unha edade temperá cunha base plenamente neurocientífica e polo tanto obxectiva e fiable.
QUEN É MARÍA COUSO?
María Couso é licenciada en Pedagoxía en 2009 pola Universidade Nacional de Educación a Distancia, Máster en Psicopedagoxía clínica en 2010, Grado en Primaria en 2020 pola Universidade de Camilo José Cela, Posgrado e máster en Neuroeducación pola Universidade de Barcelona.
Leva a cabo a súa labor profesional en varios ámbitos educativos do sector educativo dende fai 17 anos. Dende 2019 ofrece formacións para profesorado e familias de forma aberta por todo o territorio naciona co su proxecto: "Cerebro y juego" promovendo o uso dos xogos de mesa como ferramenta de aprendizaxe (ABJ) e como metodoloxía facilitadora de procesos cognitivos a través da súa web playfunlearning.es e do seu Instagram @playfunlearning.
En xaneiro de 2023 saíu á venta o seu primeiro libro da man da editorial planeta titulado: "Cerebro, infancia y juego"
Os próximos días 19 e 26 de abril teremos a sorte de contar, en BiblioPepiño, cun obradoiro de Iniciación á arte de Contar Contos, da man de Bea Campos.
A súa duración será de catro horas repartidas nos dous días, en horario de 15:30 a 17:30.
Bea Campos é actriz e narradora de historias coñecida por espectáculos como: Contos nas orellas, Os tres porquiños, Contos en cueiros...
Este obradoiro vai dirixido a familias do noso alumnado matriculado en educación infantil e primeiro ciclo de educación primaria.
As prazas serán limitadas e serán asignadas en orde de inscripción, no seguinte formulario.
Este obradoiro será subvencionado dende Bibliotecas Escolares de Galicia, dentro do proxecto de Lectura e Familias ao que nos incorporamos neste curso 2022-2023.
O pasado sábado 25 de marzo, o club de lectura de adultos saíu de ruta para descubrir a contorna na que se ambientou unha das súas lecturas, o libro: A praia dos afogados.
Coa colaboración do concello de Nigrán tiveron a sorte de revivir escenas e coñecer espazos da novela de Domingo Villar, Mincho para os seus amigxs.
VIsitaron: a praia da Madorra, o Porto de Panxón, o Templo votivo do mar, Monte Ferro... Todo esto acompañado dun tempo marabillosamente nubrado e ventoso...
Queremos agradecer ó Concello de Nigrán a súa colaboración, pero especialmente a Rosi, guía turística do concello, que nos acompañou durante dúas horas neste roteiro inesquecible.
Deixámosvos un video con algúns dos momentos vividos o pasado sábado na II xornada de xogos en familia, na que tivemos a ocasión de pasar unha tarde de sábado inesquecible.
Este trimestre tamén queremos celebrar a nosa semana de cine.
Comezaremos mañá e estas serán as películas que proxectaremos.
Como vedes están divididas en franxas de idade.
Todas as películas serán proxectadas na nosa biblioteca ás 15:30, cunha duración aproximada de hora e media.
O mércores día 15 comezaremos cos pequechiñxs da escola.
Poderedes ver a película de MASCOTAS 2.
Para facelo teredes que traer a vosa entrada e vir acompañadxs dun adulto.
O xoves será a quenda do alumnado de primeiro, segundo e terceiro de primaria. Igual que os peques, teredes que estar na biblioteca coa vosa entrada ás 15:30. E remataremos a semana do cine cos maiores da escola.
O alumnado de cuarto, quinto e sexto, poderedes disfrutar dunha marabillosa película de animación: SOUL.
Lembrade traer a vosa entrada.
A entrada levarase a cabo por orde de chegada e ata completar aforo.
Nesta xuntanza do club de lectura do
alumnado de 4ºB de primaria sentámonos no noso
recuncho de lectura para conversar sobre o décimo e o enésimo
capítulo do libro de Ledicia Costas ‘Vampira de biblioteca’.
A
continuación, por equipos xogamos co vocabulario do libro ao
Pictionary, que se non o sabedes é un xogo no que, por parellas,
temos que adiviñar a palabra que debuxa o outro.
Este mes de febreiro acaba de publicarse a listaxe definitiva dos centros que pasamos a formar parte do programa de Lectura e familias.
Grazas a este programa poderemos gozar de múltiples actividades, en horario extraescolar, na que o papel das familias será fundamental para favorecer a súa implicación no guste e disfrute da lectura.
Estades preparadxs?
Pepiño xa ten a toda a súa familia preparada, para comezar a disfrutar de múltiples lecturas.
Graciñas Fernando Coello, por facer que vaia medrando a familia Pepiño.
A seguinte xuntanza do club de lectura
do alumnado de 3º de primaria celebrouse con moita emoción, xa que
logo de acomodarnos no noso recuncho de lectura e de comentar cos
demáis os dous seguintes capítulos do libro, fixemos un xogo moi
divertido sobre animais… Dividímonos en parellas e un de nós tiña
que adivinar o animal que debuxaba o outro e así ata que
participamos todas as parellas. Finalmente, intercambiamos os roles e
todxs tivemos a oportunidade de debuxar e de adiviñar.
Na terceira xuntanza do club de lectura do alumnado de 4ºB de primaria puxémonos cómodxs no noso recuncho de lectura para conversar sobre o sexto, séptimo, oitavo e noveno capítulo de ‘Vampira de biblioteca’.
A continuación, tivemos que elixir entre debuxar a nosa escena favorita do libro ou elaborar un pequeno cómic da nosa parte preferida.
Na xuntanza do club de lectura do pasado xoves a rapazada de cuarto A puxo en común as lecturas dos capítulos cinco e seis de "A señorita Bubble" de Ledicia Costas.
Comentáronse os diversos inventos do laboratorio da Señorita Bubble e por que non, crearon os seus inventos.
- Un coche voador futbolístico 3.0 para levar ós xogadores ós partidos súper rápido.
- A teletransportadora: Para introducirnos nas pantallas da televisión e transportarnos aos diferentes programas que estamos vendo..