22 de feb. de 2016
UNHA POSTAL DE ROSALÍA
Nunha entrada anterior propuxémosvos
deseñar unha postal alusiva a Rosalía.
Xa temos un
deseño preparado esperándovos!
Pasádevos a recollelo! Cando teñades a postal rematada encantaríanos que voltara a biblioteca unhas horas antes de marchar para as vosas casas
RECITANDO A ROSALÍA NA LINGUA QUE EU FALO
Esta semana ímola a dedicar a esa poeta galega mundial: Rosalía de Castro.
Comezamos
a semana escoitando estes poemas de Rosalía recitados por vós mesmos!
20 de feb. de 2016
QUERO LER... CON MOITO AMOR!
Despois
da invitación que vos fixemos semanas atrás, para conmemorar o Día da Amor e
Amizade, a vosa participación na actividade " Quero ler con moito
amor", realmente foi boísima. Os vosos traballos estupendos!
A vosa participación nas actividades propostas son o
motor que move esta biblioteca!!!
Esperámosvos nas vindeiras actividades!!
18 de feb. de 2016
UN NOVO ACHÁDEGO NO MONTE TEGRA
Como ben sabedes todos, no Monte Santa Tegra, estanse facendo escavacións na zona de Mergelina, que visitamos fai uns meses. Poucos días despois sorprendíanos este achadego: Unha cabeza tallada en pedra. Pincha na imaxe para velo en vídeo!
Fai uns días, outro máis sorprendente aínda UNHA GRUTA DO SÉCULO IV ANTES DE CRISTO!!!
Infórmate pinchando na imaxe
Fai uns días, outro máis sorprendente aínda UNHA GRUTA DO SÉCULO IV ANTES DE CRISTO!!!
Infórmate pinchando na imaxe
17 de feb. de 2016
ACTIVIDADES CON ROSALÍA DE CASTRO
Este ano a Asociación de Escritores de Lingua Galega (AELG) para expandir o poder das palabras de Rosalía de Castro entre todos, convídanos aos centros escolares, a celebrar o seu día con actividades colectivas encamiñadas a difusión da súa obra.
A proposta
é:
Deseñar e enviar unha postal alusiva ao Día de
Rosalía, cun verso ou unha estrofa e un debuxo alusivo a Rosalía.
Como texto
propóñennos a seguinte estrofa de "Alborada" de Cantares gallegos.
Canta,
paxariño alegre,
canta!
Canta porque
o millo medre,
canta!
Canta porque
a luz te escoite,
canta!
Canta que
fuxeu a noite.
Unha vez
teñamos as postais, o día 24 levaredes as postais para casa como agasallo.
Agora escoitade "Alborada" nas voces de Lucía Pérez e Rosa Cedrón.
Aquí vos deixamos estos Symbaloo sobre Rosalía de Castro para que poidades desfrutar coñecendo a súa obra.
16 de feb. de 2016
MOBILIZANDO A ROSALÍA
15 de feb. de 2016
XOGAMOS CO VERBO QUERER
Para conmemorar o Día da Amizade e do amor, os alumnos de 3º de primaria, achegáronse a biblioteca a buscar libros de poesía. Precisaban atopar poesías para xogar con elas e co verbo querer, tal e como os tiñamos convidados.
A actividade foi motivadora e divertida para eles!
A actividade foi motivadora e divertida para eles!
12 de feb. de 2016
Curtas de amor
Amor
Ovo ou galiña
A importancia de dar
O soldadiño de chumbo
O lobo na oficina
Fermosa historia
10 de feb. de 2016
NESTA SEMANA: LIBROS, CURTAS... DE AMOR E AMIZADE
Xa estamos na semana da amizade e do amor!
San Valentín anda merodeando polo cole e seguimos coas actividades para celebrar ese día.
Nesta data imos traballar un tema transversal: as capacidades afectivas de relación interpersoal entre os nenos.
San Valentín é a escusa perfecta para expresar o afecto entre compañeiros. O noso lema: Con moito corazón.
Empezaremos escribindo palabras que transmitan amizade, amor, cariño... É impotante, recordar cousas bonitas, sinceras... Cousas que nos axudan a ser mellores, a estar mellor con nós mesmos.
Collede corazóns na biblio e nes escribiredes esas palabras, esa frases que sentides ou que atopades nos libros da exposición para facer uns vermes amorosos ou regalarllela a un compañeiro/a.
E lembra:
Pásate pola biblio a ler historias cheas de amor, poesía, a ver curtas,....
Agardámosche!! Temos para ti...,
Nesta data imos traballar un tema transversal: as capacidades afectivas de relación interpersoal entre os nenos.
San Valentín é a escusa perfecta para expresar o afecto entre compañeiros. O noso lema: Con moito corazón.
Empezaremos escribindo palabras que transmitan amizade, amor, cariño... É impotante, recordar cousas bonitas, sinceras... Cousas que nos axudan a ser mellores, a estar mellor con nós mesmos.
Collede corazóns na biblio e nes escribiredes esas palabras, esa frases que sentides ou que atopades nos libros da exposición para facer uns vermes amorosos ou regalarllela a un compañeiro/a.
E lembra:
Pásate pola biblio a ler historias cheas de amor, poesía, a ver curtas,....
Agardámosche!! Temos para ti...,
9 de feb. de 2016
6 de feb. de 2016
NOVIDADES DE FEBREIRO
Neste mes de febreiro, presentámosvos os novos libros.
Pasade pola biblio!!! Están esperándovos!!
5 de feb. de 2016
CONTO " PEDRO EL MIEDOSO"
ClicClicClic é un proxecto
que parte da idea de que se os nenos usan as novas tecnoloxías desde idades
temperás, tamén é importante que atopen lecturas interactivas de contos de
forma gratuíta.
Por isto poñen a nosa disposición un conxunto de contos
interactivos para os máis pequerrechos.
Hoxe traemos ao Bibliopepiño o conto" Pedro el miedoso"
Este conto interactivo
cóntache unha historia que che fará
reflexionar un pouco, accionar o rato e axudar a Pedro a superar os seus medos.
Ti, lector, tes que porte na
situación de Pedro e, coa axuda do pequeno
vampiro deitarche guiar, e trata de
resolver os problemas con que te
atopes.
É unha excelente oportunidade para
que aprendas e desfrutes!!!
Anímate! Pincha na imaxe e... a ler!
XOGA COS DEUSES DO ANTIGO EXIPTO
Para que pases un ratiño divertido, esta ponte de entroido, propoñémosche este recurso interactivo de Educaixa.
Xogando con el poderás coñecer algúns dos deuses máis importantes do antigo Exipto.
Anímate!!! Pincha na imaxe e.... a xogar!!!
Xogando con el poderás coñecer algúns dos deuses máis importantes do antigo Exipto.
Anímate!!! Pincha na imaxe e.... a xogar!!!
4 de feb. de 2016
O QUIXOTE INTERACTIVO
O ano pasado celebrouse de
diferentes formas o IV Centenario da publicación da Segunda parte da obra
Universal Don Quixote da Mancha do autor Miguel de Cervantes.
A Biblioteca Nacional de España ven de publicar unha nova versión do Quixote interactiva máis
completa e actualizada ca que existía anteriormente.
Esta iniciativa da BNE,
fainos posible desfrutar da lectura desta xenial novela, ao mesmo tempo que
podemos acceder a contidos multimedia que nos axudan a contextualizar a obra.
Clica nas seguintes imaxes para acceder ao Quixote interactivo.
Quixote ( parte I) |
Quixote ( parte II) |
2 de feb. de 2016
DÍA DO AMOR E AMIZADE
o Noso lema: Quero ... ler!
Para elo estamos organizando algunhas actividades:
- Selección de lecturas con historias de amor, amizade, bicos, cariño, tenrura.
- Busca de palabras de amor e amizade na selección de libros que temos no recuncho do amor.
Escríbeas nun corazón, entrégaas na biblio e con elas
faremos un vermes moi amorosos que colgaremos polos
corredores do centro.
faremos un vermes moi amorosos que colgaremos polos
corredores do centro.
- Xogamos co verbo querer
Invitámosvos a xogar
co verbo querer en calquera persoa e
tempo.
Buscade un poema e adaptalo.
Modelo: Poema de
Antonio García Teijeiro
Eu quero,
muíños de vento ,
que garden silencio.
Ti queres,
algunhas tormentas,
que saiban a menta.
El quere,
que soen pianolas
nas papoulas.
Quere ela,
cancións de lúa
que mezan o berce.
Queremos,
cabalos de mar
que saiban trotar
Queredes,
cereixas e amoras
a todas horas.
E queren
que cheiren a caravel
e a versos de mel.
Escribídeos no formato que máis vos guste e entregalos na biblio dentro do bote do amor!
Agardámosvos lendo!!!!
1 de feb. de 2016
CELEBRANDO O DÍA DA PAZ
Os vosos compañeiros de 5º e 6º, xuntos con rapaces e rapazas, de todos os
coles do Concello gravaron este lidpub para celebrar o Día da Paz. Hoxe,
puidemos velo todos xuntos. Quedou xenial. Verdade?
Estas son as outras actividades que fixemos para conmemorar o día da Paz !
Estas son as outras actividades que fixemos para conmemorar o día da Paz !
E como non, lemos pola Paz!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)