O mes da ciencia está cheiño de actividades na nosa biblioteca.
Cos diversos materiais aportados pola biblio, todo o alumnado do cole puido disfrutar de marabillosas experiencias nas súas clases.
O mes da ciencia está cheiño de actividades na nosa biblioteca.
Cos diversos materiais aportados pola biblio, todo o alumnado do cole puido disfrutar de marabillosas experiencias nas súas clases.
Dende BiblioPepiño conmemoramos o 25N: Día mundial contra a violencia de xénero, con contos.
Como xa é habitual, no corredor da biblioteca tivemos toda unha selección de contos e libros adicados ás mulleres e á importancia da igualdade entre homes e mulleres.
Por outra banda, temos que agradecer enormemente a colaboración da ANPA que, gracias á subvención de igualdade, nos ofertou dúas sesións de contacontos para o alumnado de educación infantil e primeiro ciclo de educación primaria.
Este contacontos inesquecible correu da man de Migallas teatro.
Boa tarde rapazada!
Este curso queremos continuar cunha das nosas actividades estrela:
O CINE EN BIBLIOPEPIÑO
Este ano proxectaremos películas de conto, xa que queremos relacionar as nosas películas con libros marabillosos.
ESTADES PREPARADOS/AS?
Aquí están as películas que poderedes disfrutar a próxima semana.
AGARDÁMOSVOS!
Estes días de bruxas e meigas as familias estiveron do mais atarefadas elaborando beberaxes e casas enmeigadas, todas elas para participar nun concurso proposto por BiblioPepiño.
Aquí están os gañadores/as recollendo o seu agasallo.
A nosa chapa de Pepiño bruxiña!