28 de abr. de 2016
27 de abr. de 2016
Outra actividade para celebrar o Día do Libro!
Durante esta
semana e a pasada visitamos a Biblioteca Municipal, convidados polo Concello.
A bibliotecaria, Mari Sol, recibiunos e de seguido amosounos a biblioteca e
pouco a pouco foinos ensinando os distintos recunchos, explicounos o seu funcionamento,
como clasifica e identifica os libros,..
Animounos a visitar a biblioteca cando queiramos e algúns de nós que
non tiñamos carné levamos a foto e os nosos datos para facernos socios.
Foi unha visita moi interesante!
E para rematar un
poemiña
A biblioteca
Xuntos na biblioteca
están sempre alí agardando
que algunha manciña inqueda
decida ir a espertalos.
As súas follas son ventaíñas
que se abren con ledicia
para levarnos a un mundo
de aventura e fantasía.
As veces leo con bruxas
outras veces, cos planetas,
con princesas, con animais
ou con un neno en bicicleta.
Por favor, non me interrompas,
déixame agora tranquila
que quero ler un libro
e compartilo contigo.
26 de abr. de 2016
Concurso de debuxo
Nunha entrada
anterior, convidámosvos a participar no concurso de debuxo: A miña favorita para ler é..., con motivo da celebración do Día do Libro.
Estamos sorprendidos coa cantidade de posturas que usades para ler:
unhas divertidas, outras sorprendentes, outras un tanto perigosas.... pero
todas elas xeniais!
Pero, mirade outras
moitas! Coidadiño, non imitedes algunhas delas, son moi incómodas!
Pero as mellores, sen
dúbida, son as vosas! Con elas sodes quen de desfrutar da lectura!!!
Graciñas pola vosa participación!!!
25 de abr. de 2016
Para min ler é...
Xa se está
achegando a celebración do Día do Libro, e como ben sabedes imos facer diversas
actividades para celebralo.
Unha delas vai consistir en expresar por escrito cunha palabra ou dúas o
que significa ler para ti.
Pensade que ides por. Logo escribirédelo nunha pegatina para que o Día do
Libro poidades pola e na hora do recreo ensinarlla aos compañeiros para
que vexan o que representa a lectura na nosa vida.
Estamos seguros que nos ides sorprender!!
23 de abr. de 2016
Agasalla un libro!
Sabes como se fai un libro?
Se tes o costume de agasallar un libro, pode ser o Día do Libro, ou por outro motivo calquera, deixámosvos esta pequena mostra de como envolvelos dun xeito orixinal e divertido.
Se tes o costume de agasallar un libro, pode ser o Día do Libro, ou por outro motivo calquera, deixámosvos esta pequena mostra de como envolvelos dun xeito orixinal e divertido.
Este é un agasallo para vós! Uns libriños LIM
22 de abr. de 2016
Os beneficios da lectura
A lectura é clave no desenvolvemento
educacional, persoal e emocional das persoas.
Estes son algúns dos beneficios que
nos aporta a lectura:
1. A lectura xuda á comprensión
de textos, mellora a gramática, o vocabulario e a escritura.
2. A lectura estimula o razoamento e memoria
3. A lectura axuda a aumentar a curiosidade e o coñecemento sobre determinados temas.
4. A lectura aporta a capacidade do pensamento crítico e a confianza
a hora de falar.
5. A lectura é pasatempo e moi
boa vía contra o aburrimento.
6. A lectura axuda a explorar novos mundos e mellora
a imaxinación.
7. A lectura favorece a concentración e alivia o
estrés.
8. A lectura crea vínculos e axuda a iniciar conversas con outras persoas por
afinidade de lecturas, emocións e coñecementos.
9. A lectura sempre che acompaña e fai que non te sintas só.
Día do libro: Invitación á lectura
Karen Hollingsworth, pintou estas
imaxes nas que o libro é o protagonista. Ao miralas producen unha sensación de relax e
benestar.
e os libros, solitarios, esperando a
que un lector ou lectora os colla na súas mans e comece a paixón pola lectura.
Fixádevos en cada ilustración, todas
son preciosas!
Onde está o lector?
Por que se foi?
Cal é o libro que o espera?
Gústalle o té ou o café?
Lerá poesía?...
21 de abr. de 2016
Seguimos celebrando o Día do Libro!
Seguimos coas actividades da
celebración do Día do Libro.
Hoxe, tivemos tres sesións de animación á lectura, en colaboración coa
Editorial S.M.
Para o primeiro ciclo, unha sesión de conta contos.
Os nenos de segundo ciclo, semanas
atrás, estiveron lendo os libros: Se vende mejor amigo e Detective de Nullarbor. A súa actividade
de animación á lectura estivo baseada nestes libros e slogans sobre a lectura.
Os rapaces de terceiro ciclo, tamén
desfrutaron dunha sesión de animación, baseada nos seus libros favoritos.
Estes son os seus debuxos e slogans!
Na biblio e no cole seguimos de celebrando o Día do Libro!
Contamos con todos vós!
20 de abr. de 2016
Preparando un recuncho especial!
Nesta data tan especial, na que celebramos o Día do
Libro, non podían faltar un recuncho especial para eses libros que tanto nos gustan, cos que
desfrutamos, cos que nos informamos, eses libros recen estreados, vellos, moi
usados, moi lidos, eses que nos fascinan coas súas ilustracións, o seu formato ... e como non,
un libro moi, moi especial "Don Quijote de la Mancha.
19 de abr. de 2016
Día do Libro: Coñecendo a Cervantes a a súa obra D. Quijote de la Mancha
Un protagonista especial, para celebrar o Día do Libro.
MIGUEL DE CERVANTES SAAVEDRA
Este ano cúmplese o 400 aniversario do seu finamento, con esta entrada convidámosvos a coñecelo un chisco máis e a súa obra maxistral Don Quixote da Mancha.
Os compañeiros de 3º, despois de investigar, grabaron este vídeo sobre a súa biografía e queren compartilo con todos nós
Estes poemas tamén nos da información da súa vida e das personaxes de Don Quixote!
Poesía a Don Quixote
Montado en flaco rocino,
con lanza y armadura,
cabalga por la llanura,
mas allá del quinto pino.
Va paseando errabundo,
decidido y muy sonriente;
quiere salvar a la gente
y arreglar un poco el mundo.
Todos llaman Don Quijote,
a este héroe atrevido,
que por flaco y escurridizo,
parece un gran monigote.
No hai duda de su nobleza,
pero con tanta lectura
y sus ganas de aventura
ha perdido la cabeza.
Poesía a Sancho Panza
Chámase Sancho Panza,traballa de escudeiro
dun famoso cabaleiro:
Don Quixote da Mancha.
Quería o home sinxelo,
axudando a seu señor,
chegar a gobernador
e vivir nun castelo.
Pero o coitado despistado,
non facía nada dereito:
saía sempre maltreito
e con ollo morado.
Sancho ía de lío en lío,
na súa cabeza montóns
de moi boas intencións
e o estómago vacío.
Poesía a Dulcinea
Préstame moita atención:
unha dama do Toboso,
roubolle o corazón.
Este amor ao mundo asombra,
pois a muller é mandona,
peleona e moi guasona,
e rise da súa sombra.
Dicen por aí que a amada Dulcinea,
non ten un trato moi distinguido,
pero que encanta a Don Quixote
co seu perfume distinguido.
a ve delicada e bela
porque está loco por ela.
Para algo o amor é cego!!!!
Ese queres coñecer a obra resumida, non deixes de ler este libriño que fixeron os vosos compañeiros o ano pasado.
Nesta ocasión, a profe Ana, propúxonos facer uns debuxos sobre o capítulo: A aventura los leóns. E... sorpresa! Mirade que nos preparou. Moitísimas grazas Ana.
E agora, a xogar un pouquiño!
E para rematar, estes Libros LIM
18 de abr. de 2016
Día do Libro: Gratos recordos na biblio!
Ola rapaces!
Entre os días 19 e 28 de abril, na biblioteca, estamos a celebrar o
Día do Libro.
Farémolo dun xeito moi especial! Homenaxeando a eses libros que
fixeron pasar momentos inesquecibles, divertidos, cheos de imaxinación...
aos nosos irmáns maiores, tíos, pais e a nós.
Con moitos deles montamos unha exposición para que os poidades ver,
cheirar, curiosear, compartir e... ler.
Non deixedes de pasar pola biblio!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)