E con moita mágoa a semana de contacontos rematou!
Hoxe foron os cursos de 5º e 6º de Primaria e os peques de 4 e 5 anos os que remataron esta semana de contacontos.
A profe María foi a encargada de motivar e animar ás rapazas e rapaces de 5º a ler. Trouxo unha gran mostra de literatura para adolescentes que lles encantou e xa están devecendo por que a biblio do cole dispoña deles. Oído cociña!
Os maiores do colexio (6º de EP) escoitaron ben atentos aos contos da recompilación "17 cuentos. Este loco mundo." que a mestra Diana lles narrou.
O profe Sergio, regaloulles unha sesión beeeeen chula os maiores de infantil (5 anos). Estiveron disfrutando do conto "Sopa verde" de Ángela Madeira . Encantoulles! Non sacaron ollo!
E por último, os cativos de 4 anos chegaron a tocar a Lúa da man da teacher Lorena e a través do conto "A que sabe a lúa?" de Michael Grejniec. Foi todo un éxito!!! E hai que dicir, que a lúa en boca das nosas pequenas e pequenos está boíííííísima: desde chocolate, a fresas con nata, queixo e ata patacas fritidas! Uuummmm...
Moitas grazas aos profes, sen vós estas marabillas non serían posibles.
E COLORÍN COLORADO, ESTE CONTO ESTÁ REMATADO!