4 de dec. de 2022

XOGAMOS EN FAMILIA

 
Ainda con resaca emocional imos facer un pequeno resumo da tarde de onte. 

Abrimos as portas da nosa biblioteca para que puiderades disfrutar dun sábado de xogos en familia, e cremos que foi todo un éxito.

Un ambiente relaxado, distendido, de convivencia e intercambio de tempo de lecer.

Foi unha marabilla poder vervos xogando entre vos, despois de tres cursos de restriccións precisabamos volver á normalidade e poder ter a nosa biblioteca chea de vida.



REPETIRÉMOLO PRONTO!




3 comentarios:

  1. Penso que iniciativas coma esta convirten o "cole" nunha familia. Foi unha tarde moi divertida que temos que repetir.

    ResponderEliminar
  2. Foi marabilloso ver a biblioteca chea de vida . Repetiremos!

    ResponderEliminar