O próximo sábado, 6 de abril, en horario de mañá, terá lugar en BiblioPepiño o obradoiro "Medrando coa música".
Este obradoiro está dirixido ás familias e alumnado de educación infantil e primeiro de educación primaria, tendo que estar acompañados dun adulto durante todo o obradoiro (neno/a - adulto).
O horario, aínda por definir, establecerase en función dos diferentes grupos creados, e será comunicado unha vez se pechen as inscripcións.
Neste obradoiro haberá un achegamento a diversos aspectos fundamentais da música: audición, ritmo, improvisación, creatividade, movemento... e tamén algún contiño. Todo da man da academia Lili, con Laura e Antonio.
Para poder participar debedes facer a inscrición no seguinte enlace.