30 de abr. de 2022

TROCA AVENTURAS

Remata a semana do libro, unha semana moi intensa en BiblioPepiño, na que festexamos a nosa primeira feira do libro: Troca Aventuras. 

Foi todo un éxito, cargadiña de moitas lecturas interesantes e unha gran participación por parte de toda a comunidade educativa.


Resultou moi emocionante volver a abrir as portas e poder gozar de momentos compartidos con todos vos.



VISITA RAMÓN D. VEIGA

 Onte o alumnado de segundo de primaria desfrutou dunha sesión co autor Ramón D. Veiga, autor do libro: Meigas fóra!

Xunto a el poidemos coñecer o motivo da historia, canto tardou en escribirla e quen foi a persoa encargada das súas ilustracións.


Pinchade no seguinte enlace si queredes ver un pequeno video sobre o seu paso por BiblioPepiño. 

Tivemos tamén un ratiño para que asinara e adicara os libros:


Grazas Ramón,pola túa amabilidade.



20 de abr. de 2022

PEPIÑO MUDA A PLUMAXE

Como tod@s sabedes Pepiño é a mascota da nosa biblioteca.

Pepiño é un moucho que se pasea pola escola cando marchamos, encárgase de vixiar as vosas lecturas e de curiosear en todos os vosos traballos, ás veces propón retos que debemos superar para axudalo, e outras veces recoméndanos novas lecturas.

Pepiño naceu no curso 2008-2009 creado por Alicia Pereira, gañadora dun concurso convocado para todo o alumnado, para a creación da mascota da biblioteca. Co paso dos anos foi modernizándose, pasou do papel a figura. Este ano mudou novamente a plumaxe, despois de case 10 anos dende a súa última remodelación.

O encargado de este cambio foi Fernando Coello, actual presidente da ANPA e pai dunha alumna do noso centro. É toda unha honra poder contar coa súa colaboración para a remuda da plumaxe da nosa mascota. Creemos que conseguiu darlle un toque actual e entrañable, e que perdurará durante moitos anos na nosa biblioteca. Graciñas Fernando!

Tras a votación realizada por tod@s vós, entre os catro mouchos participantes, a imaxe actual de Pepiño será...




19 de abr. de 2022

AS FAMILIAS CONTAN

 A situación socio sanitaria vai mellorando pouco a pouco e queremos contar con vos, ou mellor dito, que sexades vos os que nos contedes.


Contacta co teu titor/a para concretar un día e invitar á tua familia a contarnos un conto, unha historia, adiviñas, chistes... estaremos encantados de escoitarvos. Despois de dous anos moi duros, esperamos que esta iniciativa teña unha boa acollida.

CONTAMOS CON VÓS

TROCA AVENTURAS


Que é TROCA AVENTURAS? É o noso concepto de Feira do Libro. O seu obxectivo e dar unha segunda vida a lecturas que temos esquecidas por algún recuncho da  casa e que seguramente sexan benvidas en outros fogares.

* Como podo participar? Podedes participar traendo libros que teñades na casa. A cambio entregarémosvos unha papeleta, con ela teredes que acudir á feira e poderedes cambiala por outro libro do voso interés, da mesma categoría.

Ata cando podo levar o meu libro? O prazo para entregar os libros para o mercadillo é dende o día 20 ata o 25 de abril, entregaranse ao titor/a de cada alumno e a cambio recibirá unha papeleta coa que deberá acudir á Feira do libro, para facer o troco.

* Podo aportar calquera libro? Efectivamente, poden ser de calquera rango de idade, o que é importante é que os libros estean en bo estado. Este ano, como novidade, incorporaremos a sección de adultos.

* Onde terá lugar TROCA AVENTURAS? A Feira realizarase na Biblioteca do centro.

Cando terá lugar? A feira celebrarase o martes 26 de abril en horario de tarde: 16:30 a 18:30, e o mércores de 12:00 a 13:45. 

Vide acompañados das vosas familias.

Animádevos a participar.

FELIZ FEIRA DO LIBRO

15 de abr. de 2022

DÍA DO LIBRO

O próximo día 23 de abril celebramos o Día do libro, para conmemorar o aniversario do pasamento de ilustres escritores como Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.


Para celebralo queremos propoñervos un reto:



No email poñede o título do libro, así como o nome, apelidos e curso do alumn@.

Aquí tedes un exemplo da actividade proposta.

Esperamos as vosas interpretacións das portadas.

Disfrutade das lecturas neste tempo de lecer.

Vémonos o martes.



12 de abr. de 2022

VISITA ANDRE MACEIRAS

 Durante o segundo trimestre os alumnos/as de sexto disfrutaron da lectura do libro: A folla azul de Andrea Maceiras.


E como broche final poideron compartir unha xornada coa súa autora en BiblioPepiño.

Recibírona cunha gran presentación agarimosa, pero a verdadeira sorpresa recibírona eles/as coas verbas que Andrea tivo con todos/as facédoos viaxar pola amazonia, e transmitirlles a verdadeira historia que está detrás deste libro.


GRAZAS ANDREA FOI UN PRACER!


3 de abr. de 2022

NOVIDADES

Durante este curso 2021-2022 incorporamos numerosos títulos de investigación aos nosos andeis.

Non deixedes de vir a buscar libros de información para continuar ampliando os vosos coñecementos.



ENCONTROS CON AUTORXS

 Pouco a pouco imos achegándonos á normalidade, e isto implica que neste curso imos recuperar as visitas de diversos autores e autoras de varios títulos que están nos nosos andeis. 

Con eles/elas teremos a oportunidade de compartir, descubrir aventuras e consultarlles todas as dúbidas que xurdiron durante as súas lecturas.

Estes serán os autorxs que nos visitarán esta primavera en BiblioPepiño.


Vémonos pronto!