Invitámosvos a escoitar esta canción titulada"Meu o mundo é!". É unha das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd "Brinca Vai!", composto e interpretado por Paco Nogueiras
"Meu o mundo é!", gravado en distintos espazos da cidade de Pontevedra coa colaboración de amigos e amigas, conta que a nosa lingua non ten límites, que todo é posible en galego: arte, música, teatro, cine, deporte, ciencia... ata explorar o espazo! As nosas palabras son fermosas, poderosas e expresan o que sentimos. Vive en galego, constrúe o teu mundo en galego!
"En galego falo, en galego sinto, en galego canto, sabes que non minto. En galego todo podo facer, en galego estou no mundo... Meu o mundo é! En galego leo, en galego escribo, en galego bailo, sabes que non minto. En galego todo podo facer, en galego estou no mundo... Meu o mundo é!"
E agora.... CINE! tamén en galego!!!! ALISTÁN, O DEMO OVEIRO
Animación en plastilina baseada nun texto de Álvaro Cunqueiro. Alistán é un demo que sofre un grave desaxuste intestinal, o que lle produce o rexeitamento dos habitates do bosque. Para resolver o seu cheirento problema, Alistán vai ao médico que lle receita o consumo exclusivo de ovos de galliña, sempre que non o pille o sacristán de Seixido.
Na Biblio claro, non podían faltar....os contos. Sempre os lemos ou vemos as imaxes, hoxe imos ESCOITAR.... "A voda do galo Pinto" (dalle ó PLAY)
E para rematar, imos pasear polos PARQUES NATURAIS de Galicia....seguro que vos dan gañas de ir pasear....de verdade porque .....cando rematedes de velo...opinade!!!. Disfrutarédelo máis en grande!!!
Chega o mes de maio e con el a data especial na que celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Comenzamos esta celebración, coñecendo a
HISTORIA DA NOSA LINGUA, DO GALEGO
da man do escritor Pepe Carreiro que tamén fixo os debuxos
Xa estudamos que os SÍMBOLOS DE GALICIA son: a bandeira, o escudo e o himno. Pois ben, agora con este LIM imos aprender moitas cousiñas sobre este tema.
Unha lingua, o galego tamén, está formada por....PALABRAS!!!! moitas palabras. Deixo aquí unha interesántísima páxina cheiña de contidos arredor do léxico. Tamén hai xogos, vídeos, un dicionario galego.... A que esperas para coñecela???