O pasado venres o alumnado de primeiro de primaria tivo un encontro do máis agardado.
Os pequenos de primaria tiveron a sorte de poder gozar dunha xornada, on line, con Ana Meilán, autora do libro de: As chaves dos soños.
Tamén tivemos tempo para falar de moitos dos seus libros e coñecer moitas das novidades que están por vir. Si, si, que nos contou que no mes de xullo teremos tres novidades nas librerías.
Xa temos lecturas fresquiñas para este verán.
GRAZAS ANA POR TRANSMITIRNOS O TEU AMOR POLA LITERATURA E POR CREAR HISTORIAS TAN FERMOSAS