24 de mar. de 2022

DÍA DA POESÍA

 O día 21 de marzo conmemoramos o DÍA MUNDIAL DA POESÍA.

Para isto, propuxemos crear unha poesía partindo dun poema de diversos autores: Federico García Lorca, Gloria Fuertes, Anisia Miranda, Xosé Neira Vilas...

Algúns alumnxs fixeron a súa creación partindo dun poema, mentres que outros grupos levaron a cabo o seu recitado.

Os resultados foron fantásticos, aquí os deixamos...



22 de mar. de 2022

DÍA MUNDIAL DAS MATEMÁTICAS

O pasado día 14 de marzo conmemorouse o Día internacional das matemáticas, por coincidir esta data cas primeiras cifras do número pi (3.14)

Para conmemoralo os alumn@s de primeiro disfrutaron dun obradoiro, na biblioteca do centro, de lóxica matemática, dirixida pola profesora do IES A Sangriña, Paula Orta, ademáis nai dun alumno do noso centro.

Nesta sesión de matemáticas manipulativas leváronse a cabo tarefas de lóxica e coñecemento de conxuntos. 

Foi unha xornada moi entretida e produtiva, xa que a mellor maneira de aprender é divertíndonos, xogando e manipulando.



15 de mar. de 2022

CAMBIO DE PLUMAXE

 Ola rapacxs!

Como sabedes este é un ano de cambios na nosa biblioteca. Estamos modificando espazos, facéndoos mais accesibles e dinámicos, para así poder desenvolver, con maior, comodidade as diversas actividades. que se plantean dende todo o centro.

Seguro que moitxs de vós coñecedes a Pepiño, un gran moucho que vive na biblioteca e aproveita as noites para ler todas as novas aventuras, libros de información e xogos que están chegando á biblioteca. Pois ben, Pepiño está dando un cambio na súa plumaxe, pero queremos pedirvos o voso asesoramento e a vosa opinión.

Cal é o Pepiño que che gustaría ter na biblioteca?




Deixa na seguinte enquisa a túa opinión. 

Entre todxs elixiremos a pelaxe do novo Pepiño.


Queremos darlle as grazas a Fernando Coello, papá dunha alumna do noso centro, por colaborar coa biblioteca para poder levar a cabo este cambio de imaxe da nosa mascota.