Baixouse o telón!! Foi un verdadeiro éxito. Tod@s, mestr@s e alumnado quedamos moi satisfeitos e, aínda que o traballo foi moito, todo saiu...excelente!! e se non o credes aquí deixamos as imaxes que o demostran.
Os nenos e nenas de INFANTIL recibiron o outro día unha visita moi especial: PEPE MAESTRO, autor duns libros que levaban tempo traballando nas aulas. Recibírono como se merece, cun cartel xigante que os nen@s de 3 anos se encargaron de pintar.
Foi para todos, profes e alumnos unha xornada moi especial.Aquí quedan as imaxes que o demostran.
Xa chegou o momento, esta semana, nas Horas de Ler, reunirémonos todo o cole no salón de actos para recitar poesía no que será a II Semana de Poesía na Sangriña.
Este é o PROGRAMA:
Ademáis, deixamos as imaxes do lugar habitual de exposicións onde temos unha morea de libros de poesía para que os disfrutedes.
Aquí queda támén o carteliño que loce na corcheira para que non vos esquezades de rodealo das poesías que faredes ou copiaredes en familia.