Os alumnos de cuarto inician a súa viaxe polo mundo!
O seu destino: China
Este é o seu punto de partida!
Como ben sabedes, o primeiro
día de clase, as mestras recibímosvos con bandeiras de varios países. No
corredor da entrada, un enorme mural e
moitas bandeiras, xa nos daban pistas do que ía acontecer!
Xa na aula, preguntámosvos que creíades que estaba pasando. As vosas respostas foron diversas, pero, moitos tíñades razón aínda que non o confirmamos.
Coloremos as bandeiras de China e Suecia. Era a primeira das actividades dun proxecto!
Pero de que proxecto se trata?
Dun proxecto que nos propón o Equipo de
Biblioteca: "VIAXAMOS POLO
MUNDO"
Os alumnos de 4º A imos a
viaxar a China e os alumnos de 4º B a Suecia.
Estades preparados?
Pois... comezamos
Que sabemos de China? E de Suecia?
Que queremos saber?
Onde podemos buscar información?
Escribide as respostas nun papel e logo faremos unha posta en común
Pincha no enlace China