26 de nov. de 2019

P.D.I. Salvemos o planeta

Como vai a semana rapaces??
Nós queremos comezar esta semana celebrando o 3º posto de Melanie en Eurovisión Junior.
Encántannos tanto a súa voz como a canción.
"Marte" trata sobre os problemas do noso Planeta e a necesidade que temos os seres humanos de coidalo.
Que vos parece??? Gustouvos??? Podes deixarnos un cementario coa túa opinión... Estamos desexando lervos nas redes!!! 

14 de nov. de 2019

NOVIDADES NOVEMBRO

Parece que comezan as frías tardes invernais nas que ás veces o mellor é quedar ao calor na casiña e coller un bo libro co que soñar e deixar voar a imaxinación. 
Aí vai unha selección de libros co que pasar estos días de chuvia e temporal:







P.D.I. Salvemos o planeta

Que marabillosas ideas están tendo os nosos pequenos e pequenas para reciclar materiais de un só uso coma o papel de aluminio, o cal empregamos para traer ao cole a nosa merenda... e que mellor idea que facer a nosa estatuíña con el?
Os alumnos de 2º de Educación Primaria ensínannos as súas obras de arte!!





11 de nov. de 2019

P.D.I. Salvemos o planeta

Esta semana estamos a levar a cabo unha actividade moi interesante. Aprendemos a reciclar o noso papel.
Para facelo estivemos sobre un mes xuntando papel e rompéndoo en anaquiños para poder trituralo no proceso de reciclaxe.
Despois de todo este traballiño, deixámolo en auga toda a fin de semana.
Para levar a cabo proceso de reciclaxe, contamos coa axuda de Moncho  . Aprendemos unha morea de cousas con el. E puidemos comprobar o complicado e costoso que é reciclar papel. 
Moncho preparando o papel sobre o                                                  bastidor.

  Agora a secar...