24 de mar. de 2019

TICKETS AGASALLO

Este ano Bibliopepiño ten tantas visitas que decidimos premiar a vosa participación e implicación coa biblio do cole.
Para elo lanzamos uns TICKETS, os cales conseguiredes participando nas actividades da biblio e todo o que se propoña. 

Cada cor ten un valor. Unha vez conseguido un vale, ti podes escoller o que máis che guste. Recorda que teñen unha caducidade, a cal se indica no momento de entregalos. 

Aquí tedes unha foto cos vales dos que dispoñemos!

MEMI, FUNDACIÓN IGUALARTE

Rapazada!!! Sabedes o que é un momento Memi? Non???Pois ollade o próximo video, que unhas persoas moi coñecidas, vos van contar os seus momentos Memi! Sen dúbida, o memento Memi de Pepiño é cando chega ao seu fogar nos días de inverno e, a carón da lareira, le un bo libro da biblio!
Non esquezas de pasarte pola biblio a ler Memi!!!! Agardámoste!!!




SAÍDA DOS AXUDANTES AO CONCELLO DE A GUARDA

O pasado venres, dous representantes dos nosos axudantes de biblioteca escolar foron á casa do noso concello para recoller un libro moi especial co que nos agasallaron.
 Trátase do libro "Memi", unha iniciativa da fundación Igualarte, que traballa o arte con persoas con diferentes capacidades. O libro está ilustrado por nenos e nenas desta fundación. Os cartos recaudados serán doados a "Bicos de papel"
Memi pode ser un neno, pero tamén pode ser unha nena. Ti elixes!
 






VISITA PACO NOGUEIRAS

A semana pasada, os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Educación Primaria tivemos a sorte de poder estar con Paco Nogueiras. Foi unha visita chea de sorpresas. 
Cantamos cancións que Paco acompañaba con instrumentos musicais;  a nosa parte favorita da actividade. 
Os seus contos son moi divertidos. Sen dúbida un dos nosos autores favoritos. Aquí vos deixamos unha mostra dos bos momentos que pasamos con Paco! Grazas pola visita!!