Deixamos a continuación o vídeo con todas as imaxes participantes no sorteo de Lendo na vila, así como a enquisa para que fagades as vosas votacións.
29 de abr. de 2023
24 de abr. de 2023
LENDO NA VILA
Aproveitando a conmemoración do día do libro salimos a ler por diferentes espazos da nosa vila.
Aquí temos a recopilación das fotografías participantes no concurso LENDO NA VILA.
Moi pronto o beredicto.
GRACIÑAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN
16 de abr. de 2023
LENDO NA VILA
Seguindo co noso proxecto de centro: A Guarda é vida, queremos facervos unha proposta.
Que vos parece un concurso para mostrarnos os vosos recunchos preferidos da vila?
Pos aquí vai:
Queremos propoñervos que nos enviedes unha foto a bibliopepinho@gmail.com na que estedes lendo nun recuncho da vila.
No email debe aparecer o voso nome e apelidos, así como o curso no que estades.
Haberá catro premiados:
* Educación infantil
* Primeiro ciclo de educación primaria
* Segundo ciclo de educación primaria
* Terceiro ciclo de educación primaria
Animádevos a participar!