3 de nov. de 2022

TOUPICIENCIA

 O pasado día 2 de novembro o alumnado de segundo, terceiro e cuarto de primaria disfrutou ao máximo dunha xornada de ciencia da man do Doutor Protonio, axudante de primeira da Toupiña, si, si da toupiña, aquela que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, lembrades o conto?

Pois agora está moi interesada na investigación científica, e chegou ao noso cole para mostrarnos diversos experimentos e explicarnos por que acontecen estas cousas.


Aprendimos, tamén, que para investigar é mellor acudir aos libros de ciencia que temos na biblioteca e non fiarnos moito do que nos contan en Tik Tok ou en YouTube, os libros van a ser moito máis fiables que o que nos poida aparecer pola rede.

Fixemos motos descubrimentos increíbles.

GRAZAS POLA VOSA VISITA TOUPICIENCIA SHOW!



Ningún comentario:

Publicar un comentario