16 de dec. de 2010

FELICES FESTAS

 O EQUIPO DA BIBLIOTECA DO C.E.I.P. A SANGRIÑA, quere desexar a toda a Comunidade educativa:

            UN MOI FELIZ NADAL
GRAZAS ÁS FAMILIAS POR COLABORAR TANTO!!!

PEPIÑO MOI NAVIDEÑO
     E QUE NO ANO 2011 SE     FAGAN REALIDADE OS   MELLORES DESEXOS DE TOD@S!!!!
(clicar nas fotos para velas grandes)

12 de dec. de 2010

VOCABULARIO DE NADAL

BELÉN JUNQUERA, mestra anos atrás deste Centro, fixo esta actividade de Nadal en galego.


Grazas Belén, por traballar tan ben e, sobor de todo por compartilo!!!

(CLICAR NO ENLACE PARA VELO)

http://biblioteca.educalim.com/index.php?q=nadal

3 de dec. de 2010

PANXOLIÑA DE TINO BAZ

¿Quen non coñece a TINO BAZ, o noso gran cantautor ?

Aquí vos deixo esta panxoliña que cantou no disco titulado "O QUIQUIRIQUÍ"

DISFRUTÁDEA!!!




1 de dec. de 2010

AIRES DE NADAL

Acércase o Nadal e xa o notamos no cole. Mirade:

PEPIÑO XA SE PUXO NAVIDEÑO...
 Comenzan a chegar os primeiros Pepiños feitos a medias entre as nosas familias e o alumnado máis cativo


QUE CHULOS!!!
A nosa árbore estase enchendo de personaxes de libros




 Comenzan a aparecer adornos nos corredores e na entrada

ISTO SÓ É UN ANTICIPO!!!   CANDO ESTEA TODO LISTO, VERÉDELO!!!

26 de nov. de 2010

VISITA DE ALICIA ALONSO


O alumnado de 5º curso, dirixido polas súas mestras, está inmerso nun proxecto de lectura ó que chaman  "ÁNIMO LECTORES. TIRA DA CORDA E AMÁRRATE NA AVENTURA" no que, entre outras cousas, se da resposta á pregunta GÚSTACHE LER?; pregunta que está sendo respostada polo alumnado, polo profesorado,  por xente vencellada á vida cultural do pobo e por escritores de libros lidos polos alumnos.

Onte, dentro deste proxecto, recibiron a visita da pintora local ALICIA ALONSO que fixo as delicias de nenos e mestras.

LEU PARA ELES
                                                            
DEBUXOU

FÍXOSE FOTOS DE GRUPO

PEGOU A SÚA RESPOSTA E A FOTO NO MURAL
                                     FOI TODO UN PRACER ALICIA!!!!!

17 de nov. de 2010

A VISITA DE PEPIÑO

Onte , os nen@s de 1º recibiron unha sorpresa moi especial. Non é a primeira vez que o noso moucho entra nas súas aulas (pola noite, xa sabedes que é máxico) para deixarlles agasallos e libros, pero o de onte...era tan grandote que decidiu deixar unha nota para que baixasen á Biblioteca e...
                                                 
QUE SERÁ?
un enorme libro de Nadal que os deixou....mirade as súas caras....IMPRESIONADOS!
ÉCHE BEN GRANDE!
 Como son moi list@s e xa len moi ben...pois púxeronse mans á obra.


ATA A PRÓXIMA PEPIÑO!!!
                                             (Pincha encima se queres velas máis grandes)

12 de nov. de 2010

CONTO VIAXEIRO

Este é o conto que fixemos entre tod@s o curso pasado. Na SEMANA DAS BIBLIOTECAS, xuntámonos tod@s, alumnado e profesorado para velo. Seguro que vos encantará...

O que faremos este curso, promete ser aínda mellor!!!!

O NOSO MELLOR CONTACONTOS


O día 29 de outubro, celebramos no cole o SAMAÍN. Ese día, os nosos pequechos, tiveron unha visita moi especial, un bruxiño que os tivo toda a mañá enganchados coas súas historias.

Aínda que... se nos fixamos un pouco...si! si!, é O PROFE JOSE!!!!

                                NORABOA PROFE!!
                                       GRAZAS POR ESE DÍA!!!
(Se pinchades encima, verédelas máis grandes)
ESCOITADE!

O MELLOR: AS CARIÑAS DOS PEQUENOS...

4 de nov. de 2010

CONTACONTOS

Durante a SEMANA DAS BIBLIOTECAS o nosos alum@s maiores, convertíronse nos mellores contacontos dos seus compañeir@s máis pequenos. Foi para ambos unha experiencia moi enriquecedora.


 Se non me credes, ide á dereita da páxina onde tedes unha seleción de fotos (FOTOS CONTACONTOS)  pinchade encima e observade esas cariñas....     


                                           MARABILLOSA EXPERIENCIA!

1 de nov. de 2010

POESÍAS DE OUTONO



Tempo de outono, de chuvia e de vento. Tempo de castañas, de magosto. 


Tempo de ler estas fermosas poesías recollidas aquí e aló.....


                                        DISFRUTÁDEAS!

     CLICAR :   Poesia 

24 de out. de 2010

MOCHILAS VIAXEIRAS

Despois do éxito alcanzado o curso pasado coas mochilas viaxeiras,…..
¡VOLVEN A VIAXAR!
A Biblioteca invita de novo ás familias a disfrutar do material que vai agochado  no interior das mochilas: libros, música, enciclopedias, revistas… que foi preparado con moita ilusión polos mestr@s.
Tamén vos invita a encher cos vosos comentarios o caderno viaxeiro
FELICES E PROVEITOSAS LECTURAS!!!!

CONTIDO DA MOCHLA

ESTA SEMANA TÓCAME!!!

21 de out. de 2010

SEMANA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES





O sábado 23 celébramos unha data moi importante para as Bibliotecas, data que nós convertimos en SEMANA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES .Para celebrala, por 2º ano temos organizadas unha chea de actividades :

1)      Aparecerá nas aulas o CONTRATO, documento de compromiso dos nosos lectores e lectoras coa Biblioteca e os libros, que, como en anos anteriores, leremos co alumnado, firmarase e pincharase no corcho para que non nos esquezamos…
2)    O XOVES 27 comenzarán a rular as MOCHILAS VIAXEIRAS ás casas das nosas familias, que xa esperan por elas con ilusión…
3)    Daremos un MARCAPÁXINAS deseñado pola profe MAITE ( que é toda unha artista) para que se decore na hora de Plástica e se plastifique se se quere.
4)    Proxectaremos o CONTO VIAXEIRO que fixemos entre tod@s o curso pasado e que a profe LUCÍA pasou a D.V.D o MÉRCORES 27 na HORA DE LER polo que tod@s, alumnado e profesorado, entraremos directamente ó salón de actos ó rematar o recreo.
5)    SESIÓNS DE CONTACONTOS: O alumnado pequeno, baixará á Biblio na hora indicada e….¡SORPRESA! os seus compas máis maiores vannos sorprender con algo que estiveron preparando con moita ilusión……
__________________3 anos XOVES 28-2ª HORA
6ºA_________________1º A MÉRCORES 27-ÚLTIMA HORA
6ºB_________________4 ANOS  XOVES 28-1ª HORA
5ºA_________________1º B MARTES 26 –ÚLTIMA HORA
5º B_________________ XOVES 28- 4ª HORA
__________________5 ANOS XOVES 28-4ª HORA

17 de out. de 2010

SAMAÍN

Chega o outono e con él as castañas, e as cabazas, chegan as augas e os tempos escuros, remata o verán e empeza o inverno, vaise a calor e vén o frío: acaban as romarías ao sol e inícianse os fiadeiros a carón do lume: son os tempos de Samaín.


Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
                                p://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/index_10.html

A Biblioteca do C.E.I.P Mestres Goldar, elaborou este vídeo coa letra de Mamá Cabra.   DISFRÚTÁDEO......



14 de out. de 2010

CANCIÓN PARA PEPIÑO


O curso pasado, o alumnado de 2º, cantoulle esta canción ó noso moucho. A profe Lucía de Infantil foi a que os gravou.  A que cantaron moi moi ben????

         



3 de out. de 2010

PARA QUE SERVE O GALEGO

Nestes tempos tan difíciles para o noso idioma, invítovos a ver e escoitar este fermoso video que seguramente vos chegará ó fondo da ialma...

29 de set. de 2010

A BIBLIOTECA NOS RECREOS

OLA NEN@S:

A partires da semana que ven, a biblioteca abrirá de novo as súas portas para que disfrutedes coas aventuras que nos ofrece a lectura.


Este curso...temos novidades!! A Biblio estará aberta nos recreos para que poidades ler ou consultar libros. Damos as grazas ó grupo de nen@s de 6º curso que, por parellas, se van convertir en AXUDANTES DA BIBLIOTECA.


                BOAS LECTURAS!!!!

24 de set. de 2010

HORA DE LER

 Co inicio do novo curso, establécese un tempo adicado á lectura silenciosa do alumnado e profesorado de todo o Centro. Este tempo rexerase polas seguintes normas:
  • A Hora de Ler,desenvolverase durante o tempo fixado no horario, despois do recreo, de forma silenciosa, nun texto elexido libremente polo alumnado e o profesorado sen pedir nada a cambio.
  • Durante este tempo, alumnos e profes, non poderán facer deberes nin outra cousa distinta a actividade de lectura libre e silenciosa.
  • Na aula haberá un lugar específico onde estarán colocados os libros de cada alumno/a con cadanseu marcapáxinas, non podendo cambialo ata que este rematado o que estea lendo.
  • Os libros poderán ser elexidos dos fondos da Biblioteca, ou traídos polo alumnado.
  • En E. Infantil e no 1º Ciclo, o profesorado organizará este tempo, podendo ser eles os que lean en alto ó alumnado.


23 de set. de 2010

BENVIDA Ó CURSO 2010-2011

Benvidos a este blogue. A Biblioteca do CEIP A Sangriña quere mostrarvos este blogue no que a partir de agora colgará a súas noticias. 


Aproveitamos para desexarvos un bo e proveitoso curso cheo de libros que vos agardan para que os leades e de moreas de actividades para disfrutar.