31 de maio de 2024

PECHE DE BIBLIOPEPIÑO

Bo día familias.

BiblioPepiño pecha as súas portas, estamos preparándonos para os préstamos de verán. 



Durante a primeira semana de xuño, a biblioteca estará aberta en horario de recreo para facer as devolucións  e que todos os fondos volten aos seus andeis.

GRACIÑAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

MAIO MES DAS MATEMÁTICAS EN BIBLIOPEPIÑO

 Un ano mais volvemos a traballar coas matemáticas de xeito manipulativo en BiblioPepiño, resaltando deste xeito a importancia da experimentación para a interiorización e comprensión de novos conceptos.

Durante todo o mes e maio tivemos obradoiros de xogos de mesa matemáticos, na que o alumnado axudante de biblioteca, explicou a dinámica de cada xogo aos seus compañeiros/as.

Ademais o alumnado de primeiro e terceiro de primaria pudo disfrutar dunha xornada de matemáticas impartida por Paula Orta, profesora do IES A Sangriña, que achegou con todo o seu cariño as matemáticas aos pequenos de primaria.

Coma sempre un privilexio contar contigo. 

MIL GRAZAS PAULA!

APRENDEMOS XOGANDO!


20 de maio de 2024

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN CON XOSÉ TOMÁS

 O vindeiro luns 27 de maio celebrarase, en BiblioPepiño, un obradoiro de introdución á ilustración, está dirixido ao alumnado de educación primaria e ás súas familias. Todo alumno/a debe vir acompañado dun adulto.

Será impartido por Xosé Tomás, autor e ilustrador de numerosos libros, ademais de profesor de inglés no CPI Manuel Suárez Marquier.

O obradoiro terá unha duración aproximada de dúas horas.

Podedes anotarvos no seguinte enlace:

AGARDÁMOSVOS!

11 de maio de 2024

PEPILECTURAS Adultos

 A sesión de este mes do club de lectura de familias foi do mais especial.

Cada un dos membros do club elixiu un poema, cun significado especial, e o resultado foi a seguinte recopilación.


Pero isto só comezaba aquí. 
Ao chegar á xuntanza toda a selección de poemas estaba pendurada do teito da biblioteca, cada unha tivo que recoller unha mostra de todos os poemas para posteriormente decididir de quen era cada elección e poder escoitar da voz de cada un os seus versos.



Sen dúbida unha sesión inesquecible e moi emotiva.

Graciñas a todos por participar!


3 de maio de 2024

UNHA IMAXE DE CONTO

 Aquí están recollidas todas as imaxes que participaron no concurso de "Unha imaxe de conto"


As fotos seleccionadas, por ciclos, foron as seguintes:

E a aquí están os gañadores recollendo o seu agasallo.


PARABÉNS RAPAZADA!

GRACIÑAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

2 de maio de 2024

MAIO MES DAS MATEMÁTICAS

 Un ano máis no mes de maio conmemoramos o mes das matemáticas.

Por que o facemos? Porque o 12 de maio se conmemora o Día escolar das matemáticas coincidindo co nacemento de Pedro Puig Adam (1900) insigne matemático precursor da didáctica das matemáticas en España durante a década dos 50.

Este ano levaremos a cabo obradoiros de xogos de mesa matemáticos na biblioteca, aquí tedes o horario que corresponde da cada grupo.


Na seguinte presentación queda elaborada unha pequena recopilación de xogos adaptados a diferentes idades.

AGARDAMOS QUE OS DISFRUTEDES!