A derradeira visita de este curso á nosa biblioteca foi a da autora LEDICIA COSTAS.
Os alumnos de sexto leron e traballaron a fondo o seu libro A señorita Bubble, e grazas á súa visita puideron descubrir as partes máis profundas del, anécdotas e dar resposta a todas as súas intrigas.
Para rematar a visita, asinou todos os seus libros, vaia sorte! Aquí vos deixamos unhas cantas imaxes da xornada.
Este martes fixemos entrega dun diploma e uns agasallos aos nosos axudantes, en recoñecemento de todo o seu traballo levado a cabo durante este curso 2017-2018!!!