Estamos a piques de rematar o curso, pero...
á nosa biblioteca seguen chegando novidades cheas de rimas, música, forza, diversión e aventuras!
Aos nosos rapaces e rapazas encántanlles!
Estamos a piques de rematar o curso, pero...
á nosa biblioteca seguen chegando novidades cheas de rimas, música, forza, diversión e aventuras!
Aos nosos rapaces e rapazas encántanlles!
O pasado 17 de maio conmemoramos o día das Letras Galegas e para mostrar o ben orgullosos que estamos da nosa lingua os alumnos e alumnas do CEIP A Sangriña estiveron inmersos nunha chea de propostas por parte do equipo de Dinamización Lingüística.
Podedes ver as activadades que estiveron facendo no seguinte enlace ou na web oficial do cole, aquí volo deixamos:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipasangrinha/node/1089
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipasangrinha/node/1088
Pero as rapazas e rapaces de 6º de Ed. Primaria tamén quixeron homenaxear a Xela Arias e por iso "interviron" o colexio con nada menos ca 911 versos dos seus poemas. Non quedou recuncho en todo o cole sen poemas, mirade:
Que inicativa tan marabillosa!
Atención, atención!
Os rapaces e rapazas de 5º curso de Ed. Primaria tiveron a grandísima boa de contactar con Ledicia Costas!
A proposta xorde a través da lectura do conto "A señorita Bubble, baixo cero" coa que estiveron traballando. A súa mestra Mari organizou unha actividade en torno a este conto no que os nenos e nenas tiñan que seguir a historia que acababan de ler.
Despois de ver os bos traballos que fixeron todos, non quedaba máis remedio que invitar á escritora do conto a ler estes pequenos relatos inventados polos nosos alumnos e alumnas.
E cal foi a sorpresa? Que a propia escritora do conto, Lecidia Costas, quedou impresionada e mooooi agradecida polo interese e a boa acollida da rapazada de 5º.
Aquí tedes o link ao blog "Ó pé do castro" no que podedes disfrutar das historias dos nenos e nenas e ver a mensaxe que Ledicia lles escribiu.
http://opedocastro.blogspot.com/2021/05/escribiunos-ledicia-costas.html
Noraboa!