29 de set. de 2022

CONTAMOS CON VOS

 Este curso, dado que a situación sanitaria mellorou, queremos contar con toda a comunidade educativa para poder desenvolver diversas actividades na nosa biblioteca. Antes de continuar coa nosa planificación gustaríanos saber en que medida podemos contar con vos. 

Para iso creamos un pequeno formulario, e así poder conocer as vosas impresións.


O formulario estará activo ata o próximo día 3 de outubro. 
Moitísimas grasas polo voso tempo.

28 de set. de 2022

PREPARANDO A VOLTA

 Ola rapazada, o curso xa está empezado pero... aínda botamos en falta  alguna cousiña, verdade?

Que vos parece si vos conto que a biblioteca está a piques de abrir as suas portas?

Moi pronto marcaremos unha data para comezar, estade atentos ao blog e ao noso Instagram.

Haberá información fresquiña e moitas novidades.

Imos facer un par de adiantos.

Este ano retomamos os axudantes de biblioteca. Si, si eres de quinto e/ ou sexto pronto recibirás unha convocatoria para a selección de axudantes.

E por outra banda... Aquí tedes unha pequena pista sobre a noso proxecto documental integrado para este curso.


PRONTO PRONTIÑO TEREMOS MAIS NOVIDADES, ESTADE ATENTXS!