FORMACIÓN PARA FAMILIAS
ONDE?
En BiblioPepiño
CANDO?
Próximo venres, 12 de maio.
HORARIO:
De 16:00 a 18:30
Vivimos nun mundo onde a tecnoloxía se introduce na vida das persoas cada vez a idades mais temperás, e as pantallas (incluída a TV) acompaña ás nosas xeracións dende o berce.
Pero, sabemos realmente cales sons as consecuencias cognitivas do uso nos primeiros anos de vida?
Quizais poucos reflexionemos sobre a importancia que a era dixital toma no noso desenvolvemento.
O próximo venres tomaremos conciencia de todas as consecuencias cognitivas do uso das pantallas a unha edade temperá cunha base plenamente neurocientífica e polo tanto obxectiva e fiable.
QUEN É MARÍA COUSO?
María Couso é licenciada en Pedagoxía en 2009 pola Universidade Nacional de Educación a Distancia, Máster en Psicopedagoxía clínica en 2010, Grado en Primaria en 2020 pola Universidade de Camilo José Cela, Posgrado e máster en Neuroeducación pola Universidade de Barcelona.
Leva a cabo a súa labor profesional en varios ámbitos educativos do sector educativo dende fai 17 anos. Dende 2019 ofrece formacións para profesorado e familias de forma aberta por todo o territorio naciona co su proxecto: "Cerebro y juego" promovendo o uso dos xogos de mesa como ferramenta de aprendizaxe (ABJ) e como metodoloxía facilitadora de procesos cognitivos a través da súa web playfunlearning.es e do seu Instagram @playfunlearning. En xaneiro de 2023 saíu á venta o seu primeiro libro da man da editorial planeta titulado: "Cerebro, infancia y juego"
FORMULACIÓN DE INSCRIPCIÓN