7 de dec. de 2019

NOVIDADES DECEMBRO

Un mes máis xa están dispoñibles as novidades de decembro para préstamos!! 
Este ano estamos ampliando tamén o noso catálogo de pelis para que poidades ver en familia e pasar un ratiño todos xuntos nestas tardes de frío!!
E xa sabedes... correde que voan! 
Podes deixarnos un comentario e opinar sobre estas novidades ou suxestións para mercar. Encántanos que opinedes e expresedes os vosos gustos!! Anímate a comentar aquí abaixo!!



DECORACIÓN NADAL ECOLÓXICA

Os alumnos de 2º B e 4º de primaria estiveron a  recoller tapas de botellas de diferentes tamaños, cores, grosores; tamén recolleron cápsulas de café de aluminio e de plástico, redes onde veñen as laranxas, os allos, as patacas,,,, e gardamos cunchas de zamburiñas para estas datas.
Primeiro clasificaron as tapas por: tamaños, cores, grosores...













Seguiron clasificando, esta vez, as cápsulas de café segundo o material: alumnio ou plástico, tamén por tamaños.








Noutra sesión de plástica, pegaron as tapas para facer con elas os bonecos de neve!



Despois pintaron as cápsulas de plástico para convertelas nos gorros dos bonecos!


E tamén facerlles os buratos   e pasarlles o fio para transformalas en campanillas.













Noutra sesión, fixéronlles  buratos ás cápsulas de aluminio, facendo  diversos debuxos. 
Para o rincón tamén prepararon un bonecos de neve e uns renos con caixas de cartón, tapas, anacos vellos de tea, cápsulas e ramas da poda



 Unha vez rematados, colocáronno no recuncho da biblioteca!!!
E, como podedes ver, quedóulles precioso...

Con esforzo, agarimo e traballando en equipo podemos acadar cousas tan marabillosas como éstas. 




Encántanos velos felices e orgullosos dos seus traballos. Non hai mellor maneira de remtar as cousas... sodes XENIAIS RAPACES (E PROFES TAMÉN)

 



Como podemos apreciar nas imaxes, foi un longo e traballoso proceso pero os resultados non podían ser mellores.
Estamos moi orgullosos de vós!


Que chulo quedou!


DECORACIÓN DE NADAL ECOLÓXICA

Aquí podemos ver o proceso para facer a decoración de Nadal. Artistas quédaselles corto... 



Fixeron a decoración con caixas de cartón , papeis enrrugados, anacos de recortes de papeis de cores, tapas de botellas, tapas das caixas de galletas, cápsulas de café, redes de envasado de alimentos como cebolas e allo, botóns....




Con todo o seu agarimo e esforzo fixeron tamén renos e bonecos de neve, os cales danlle un toque precioso!






Aquí podemos velos traballando coa profe moi ledos!!!



Colocaron cada caixa no seu sitio! 

Que rincón tan  especial feito con materias de refugallo!


Encántanos como nos quedou!  

P.D.I. SALVEMOS O PLANETA

Xa está chegando o Nadal rapaces!!! Esa época tan esperada pola cativada... chea de emocións e ilusión!!! Cargada de luces, de soños  e de momentos cheos de ledicia na compaña dos nosos familiares e amigos!!
Xa tendes as vosas decoracións listas?? Podes deixarnos un comentario e contarnos si xa tendes todo listo e apunto para o Nadal.
Nós xa temos o noso centro decorado. Os nenos de 2º de Primaria fixeron das súas, e, como é costume, nos deleitaron a todos con esta árbore de Nadal que deixounos a todos a boca aberta cando o vimos.







Está feito con papel de aluminio que aproveitamos das nosas merendas. E cun pouco de inxenio e imaxinación quedou marabillosa. Noraboa a estes pequenos artistas unha vez máis!!




RASTRIÑO DE NADAL





Esta semana tivemos  o Rastriño de Nadal, unha activivdade na que intercambiamos libros vellos para darlles unha segunda vida e contribuir co coidado do medio ambiente reutilizandoos.





  Durante o mes de novembro estivemos a traer ao cole esos libriños que xa non empregamos e que están parados en estantes ou en caixas na nosa casa. Que mellor que darlles unha segunda oportunidade? O que para nós pode non servir, alguén pode usalo de novo e aproveitalo. 

Nos recreos desta semana estivo aberto o noso rastriño para disfrute dos nenos e nenas do noso cole.  





Nos recreos desta semana estivo aberto o noso rastriño para disfrute dos nenos e nenas do noso cole. 




Estamos moi ledos coa vosa participación e queremos agradecervos o voso esforzo e colaboración. Grazas unha vez máis a todos por facer que as nosas actividades resulten pracenteiras para vós!!



26 de nov. de 2019

P.D.I. Salvemos o planeta

Como vai a semana rapaces??
Nós queremos comezar esta semana celebrando o 3º posto de Melanie en Eurovisión Junior.
Encántannos tanto a súa voz como a canción.
"Marte" trata sobre os problemas do noso Planeta e a necesidade que temos os seres humanos de coidalo.
Que vos parece??? Gustouvos??? Podes deixarnos un cementario coa túa opinión... Estamos desexando lervos nas redes!!! 

14 de nov. de 2019

NOVIDADES NOVEMBRO

Parece que comezan as frías tardes invernais nas que ás veces o mellor é quedar ao calor na casiña e coller un bo libro co que soñar e deixar voar a imaxinación. 
Aí vai unha selección de libros co que pasar estos días de chuvia e temporal:







P.D.I. Salvemos o planeta

Que marabillosas ideas están tendo os nosos pequenos e pequenas para reciclar materiais de un só uso coma o papel de aluminio, o cal empregamos para traer ao cole a nosa merenda... e que mellor idea que facer a nosa estatuíña con el?
Os alumnos de 2º de Educación Primaria ensínannos as súas obras de arte!!